O venres 24 de febreiro como todos xa sabedes
celebramos O Entroido na escola.
Traxicamente para nós era o último que iamos
celebrar na escola e por iso estabamos decididos a celebralo polo máis alto!!!
Queriamos disfrutar ao máximo!!!
Cando iamos de mañá cedo pola rúa pensabamos
que ninguén ía ir disfrazado, pero ao chegar á clase... Sorpresa!!! Todos
estabamos disfrazados!!!
E mellor que nunca!!!
E sobre todos o que máis destacaba era o da
nosa profe Mary Carmen que chegou de monstro das galletas!
Había compañeiros que chegaban coa máscara
posta e non podiamos saber quen era ata que a sacaban.
Un grupo ata ía de rapeiros!
Lucía Barreiro e Nardos de animais, Amelia e Sabela de Carapuchiñas Vermellas pero tamén había policías, templarios...
En fin... mogollón de disfraces!!!
Houbo momentos moi simpáticos!
Ha, ha, ha, ha, ha ... Que risas botamos todos
cos disfraces e coas fotos!
Porque todos queriamos ter unha lembranza
deste día tan especial!
E das persoas coas que compartimos bos
momentos!
E a profe Mary Carmen non se cansaba de sacar
e sacar fotos!
E tamén era fantástico traballar así coas
pintas que tiñamos todos!
Porque traballar así non custa nada!
Saímos ao recreo e alí estivemos a pintarlle o
cabelo a moitos nenos e nenas da clase e do colexio.
Cando subimos á aula continuamos coa sesión de
maquillaxe...
Noelia resultou ser toda unha experta!
E todas as nenas querían ser pintadas por ela!
Todos esperabamos impacientes polo momento do desfile.
E resulta que este ano tiveron a magnífica
idea de en vez de facelo só no patio do colexio, pois desfilar pola rúa!
Cando baixamos e empezamos a camiñar había
moita xente que nos aplaudía, sacaba fotos e ata nos gravaban!
Xa no patio primeiro desfilamos arredor.
E logo comezamos a danzar e formamos unha
longuísima conga.
Que divertido bailar dun lado para o outro!
O importante era que o estabamos a pasar xenial!
Todo era Entroido!
Todo era Carnaval!
Despois cando voltamos á aula estabamos moi
ledos! E a profe repartiunos as galletas do seu cesto! Que boas estaban!
De súpeto decatámonos de que era O NOSO ÚLTIMO
CARNAVAL NA ESCOLA!!!
E PARA NÓS O MELLOR!!!
Lucía Barreiro Lema, Amelia García García, Xermán González Rivas e Juán José Laverde Villa 6º A
Pasámolo xenial,o mellor carnaval das nosas vidas¡
ResponderEliminarQué ven o pasamos!!! Foi un carnaval que recordarei para sempre. Foi fantástico
ResponderEliminarCon tanto disfraz non se recoñece que sexa a nosa clase.
ResponderEliminar