Un día aprendemos a facer música
electrónica! E todo por medio de circuítos eléctricos!
Todo comezou baixando ata a biblioteca da
escola o xoves 6 de abril.
Alí repartímonos en grupos de 5.
E resulta que na biblioteca xa nos estaba
esperando Mateo que era a persoa que nos ía dirixir nestes nosos comezos niso
da música electrónica.
Primeiro comentounos os materiais cos que
iamos traballar: Un simple clip, unha lima oxidada, cables de crocodilo e
outros máis finos e curtos, moedas e un altofalante.
Sí, sí, só con iso puidemos conseguir diversos
sons!
Foi moi chulo!
Ata Piquín nos miraba entusiasmado desde o seu
recuncho!
E a verdade é que aprendemos moitas
cousas!
Como que incluso con diversas partes do nos
corpo podemos transmitir electricidade e conseguir sons emocionantes!
Que divertido era usar as mans do grupo para
facer música!
Había quen tocaba ata co nariz!
Tamén conseguimos moedas bailarinas!
Ata fixemos música pintando un papel con lapis,
porque o seu interior é de grafito, que conduce a electricidade.
Para nós foi unha incrible experiencia!
Nerea Ferreira Ríos, Angélica Badás Cimadevila e Sabela Lorenzo Figueroa
6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS
Pasámolo xenial unha experiencia única¡
ResponderEliminarque bien nos lo pasamos en esa actividad
ResponderEliminar