martes, 25 de abril de 2017

Celebrando O Día Do Libro Na Illa Das Esculturas

O 23 de abril é O día Do Libro, pero nós, na escola celebrámolo onte día 24 de abril.
E para iso levamos a cabo unha pequena gran actividade. 
Pequena porque iso pensabamos nós, e que non ia ser moi entretida, e grande porque ao final resultou fantástica!
A actividade realizámola fóra da escola, na Illa das Esculturas.  
Saímos do recinto escolar e cruzamos A Ponte dos Tirantes.
No Río Lérez adestraban os piragüístas.
E devagar fómonos achegando ata o lugar escollido.
A Pasarela Peatonal estaba atónita ao ver tanta rapazada por alí!
Pasabamos e pasabamos e non dabamos acabado de pasar...
Todos camiñabamos tranquilos e falando animadamente.
Que conversa máis interesante!
Facía sol e as árbores da ribeira do Lérez acompañábannos coa súa sombra.
E chegou o momento da lectura.
E buscamos un lugar axeitado para estar cómodos.
E sentamos na herba tan panchos...
A nós tocounos lerlles ao alumnado de terceiro.
Xa levabamos uns días practicando bastante, así que saíunos bordado!
Aínda que había algúns algo pillabáns...
Eles escoitaban moi atentos e portáronse moi ben!
Nós estabamos divididos en grupo de 3 que liamos para 6 persoas.
E tamén de 2 que o faciamos para 4 rapaces e rapazas.
Entón contamos os contos e tamén lles fixemos preguntas sobre o que tiña pasado.
Tamén estaban moi interesados nas ilustracións dos contos.
Foi unha experiencia espectacular!
Con momentos moi divertidos!
E axiña chegou o momento de regresar á escola.
E voltaron as conversas animadas.
Camiñando sen moita velocidade.
A Pasarela xa quedou un pouco máis tranquila!
E A Ponte dos Tirantes voltou a ter momentos de protagonismo.
 Por certo que tanto na ida como na volta todo correo moi ben porque contamos coa axuda da Policía Local.
Que detivo o tráfico e axudounos a pasar polos pasos de peóns.
Xa na escola aínda tivemos un tempiño para correr un pouco.
Xogar ás agochadas...
Rir cos compañeiros...
Dar un abrazo...
E escribir esta reseña que aquí vos deixamos. Por certo que somos Adrián Fernández Fraguas, Xermán González Rivas e Vicente Martí Pesqueira 6º A

5 comentarios:

  1. Mmmm... os nenos eran un pouco trastes... pero foi xenial.
    Hasta creo que grazas a esto sei leeer con forza e misterio.. jajaja

    ResponderEliminar
  2. TEN RAZON AMELIA E NOS PASAMOLO XENIAL, E ESPERO QUE OS NENOS TAMEN E CREO QUE A AMLIA ALGO TRASTES QUE DALLE UN POUCO CORTO....

    ResponderEliminar
  3. Angélica 6ºA
    Foi unha experiencia fantástica, fomos contacontos por un día, e creo que aos nenos gustoulle!!

    ResponderEliminar
  4. Lucía Barreio 6ºA28 de abril de 2017, 20:46

    Si, foi xenial ver as caras de misterio que poñian os rapaces!!

    ResponderEliminar
  5. Fue fantástico. Aunque estoy de acuerdo, las niños eran un poco trastes.

    ResponderEliminar