martes, 30 de enero de 2018

Día Da Paz Na Escola 2018

Hoxe 30 de xaneiro é o día internacional da paz e a non violencia!
Como sabedes, nesta data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, grande loitador pola paz!
Nós na escola tamén o celebramos. Nas primeiras horas estivemos a traballar sobre poemas de Gloria Fuertes.
Todos traballamos con moito ahínco!
Para realizar unha boa tarefa!
E a verdade é que aínda nos levou un bo tempiño!
A nosa sorpresa foi que despois do recreo tivemos un taller de relaxación titulado "Inner Peace", que significa Paz Interior!
Entre outras actividades contáronnos un conto dun dragón de 3 cabezas: unha de fume, loutra de lume e a outra de xeo. Todo o mundo lle tiña medo pero todo se solucionou co poder do silencio!
Despois, cunha serie de probas moi cómodas practicamos como conseguir a paz interior... 
Algúns de nós subimos ao escenario para practicar... E todo foi moi relaxante!
De seguido, a fume de carozo, desprazámonos ata o patio para realizar unha homenaxe ao pintor pontevedrés, Manuel Moldes, finado hai uns meses.
Nós pintamos a parte que di “In Memoriam” aportando cada un unha idea... 
E quedounos moi ben!
Con detalles como este que aquí vedes.
Os demais niveis da escola realizaron tamén a súa parte. Xuntámolas todas e quedou un mosaico de ideas moi variado e moi colorido!
Tamén houbo poesías de Gloria Fortes sobre a paz e cantamos e bailamos a canción “Paz” de Juanes.
Foi moi divertido e pasámolo xenial! 
 E aínda non acabou aí a cousa pois tamén houbo solta de pombas!
 Pombas que voaron libres pola PAZ!
Yanira García García e Irene Torres González 6º A

3 comentarios: