martes, 23 de enero de 2018

Gravación Programa De Radio Dálle Á Lingua

No día 11 de xaneiro participamos na gravación do programa de radio Dálle á Lingua da Emisora Onda Cero.
Primeiro o alumnado de 6º A interpretamos unha regueifa ao desafío, rapaces contra rapazas!
A continuación recitamos poemas compostos por nós.
Tamén lemos receitas para ser uns bos cociñeiros e describimos as nosas mascotas e persoas favoritas.
E non deixamos atrás a María Victoria Moreno, a figura literaria a ser homenaxeada no vindeiro día das Letras Galegas.
Todo baixo a atenta mirada de Piquín que non perdía detalle de todo o que alí acontecía!
Despois chegou a hora dos peques da escola que acompañamos primeiro polos corredores.
E Piquín recibiunos moi contento na biblioteca, que era onde se gravaba todo.
Formaron todos un corro.
Baixo as instrucións das profes.
Primeiro un pequeno ensaio.
E chegou a hora de presentarse e actuar!
Os nenos e nenas de 3º tamén tiveron o seu tempiño.
E Piquín, alí sempre moi atento!
Non faltaron os representantes de 4º.
Que non deixaron de sorrir durante toda a gravación.
Moi bo traballo rapaces! Ata a Próxima!
 CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA GRAVACIÓN

2 comentarios: