miércoles, 30 de septiembre de 2015

Emocións nas Vacacións De Verán

Un Fantástico Verán
As miñas vacacións foron fantásticas. Estiven na aldea da miña nai un mes e collín un cadelo monísimo. O mellor da miña vida de animais! Leveino para a aldea do meu pai. 
Despois fun un día á casa antiga del.    
Tamén estiven uns días de vacacións en Lugo e paseino xenial. 
Tiña piscina cuberta no hotel e logo fun á praia das Catedrais cos meus tíos de Alemaña que viñeron un mes. Logo cando marcharon, púxenme moi triste pero aledeime porque veñen o ano que ven.
E despois de todo iso a volta ao cole!!!
Foi chulísimo o meu verán!!!  
Brais García Alonso 5º A
  
As Miñas Viaxes De Verán  
Este verán  miña familia e máis eu fomos a moitos sitios: a Lugo, a Asturias e a Portugal.
Fomos a Lugo porque pasamos por alí de camiño a Asturias.
Cando chegamos a Asturias o meu pai e meu irmán querían ir ao museo de Fernando Alonso e
máis tarde acercámonos a coñecer Oviedo.
Moito antes de todo aquilo estivemos en Portugal porque a miña nai quería ir a uns mercadillos que eran enormes. 
Habia mercadillos de roupa, de animais, de comida... Eran tan grandes que cando nos demos de conta xa perderamos ao meu pai!
Demos voltas e voltas e nunha destas estaba diante nosa!
En resumen, este verán paseino moi ben viaxando de acá para alá.
Aínda que eu penso que tamén é bo que volten as clases.  
Lucía Sánchez Guerra 5º A
  
A Miña Aventura En Portugal 
Xa non me lembro de todo o que aconteceu no meu maravilloso verán pero vouvos contar unha viaxe moi especial cando fun a Portugal.
Fomos Kedus, o meu irmán, a miña nai, Daniel, e a súa nai Merce.
Ata alí fomos en coche. Tardamos unha hora en chegar. 
Era un camping onde tamén había un aquuapark. Semellaba un club de campo. Chamábase Sereia da Guelfa e na entrada había unha serea.
O primeiro día pasou voando para todos. Esa noite durmimos ben pero collinlle cariño a unha camareira de alcume Peluchito.
O segundo día pola mañá fomos a Viana. Había festa e pasámolo moi ben. Ao regresar estivemos na piscina.
E xa non vos conto máis por hoxe. ¡Que ben o pasei!
Nardos Dueñas Ramallo 5º A

A Feira Franca
A Feira Franca de Pontevedra celebrouse un venres e un sábado. Foi moi bonita.  
Era a primeira vez que ía á Feira Franca. Eu disfraceime de cabaleiro, coma o meu irmán. A miña irmá foi de mesoneira, coma a miña nai.
Na Praza da Verdura participei nun combate cunha espada de verdade. 
E nese día na alameda tamén practiquei tiro con arco e din no medio da diana. 
A Feira Franca de Pontevedra é moi distinta á de Vilagarcía. 
Ese dia fun ao pub do meu entrenador. Alí comemos, merendamos e ceamos. 
O torneo medieval foi moi chulo. Penso que os cabaleiros negros foron uns tramposos. Para min o equipo verde foi o mellor.
Iván López Rey 5º A

Aburrimento No Verán
As miñas vacacións foron moi aburridas. Só fun á ludoteca de verán e salteime a Festa da Auga, os festivais da ludo e A Feira Franca.
O único bo foi que me compraron o LBX e o Super Mario Maker.
Tamén fun nas tartarugas Ninjas e nas bolas de auga con Rubén.         
Tamén vin a Rubén e a miña nai no saltón.
Adrián Fernández Fraguas 5º A

  


O Meu Verán Favorito
No meu verán paseino moi ben porque os meus pais, por aprobar, deixáronme ir a un camping de taekwondo. Estiven unha semana.
Era en Riveira, había piscina e podíanse pasear cans e cabalos.
Tamén practicamos tiro con arco, fixemos rutas, bañámonos na piscina, etc...
Un día fomos a outro camping que estaba cerca de Bamio. 
Tiña karaoke,e tamén xoguei á petanca. Había praia e durmimos nunha tenda de campaña co meu can.
Cunha amiga da miña nai fomos a Catoira a un hotel con piscina. Como nos quedaba perto, desplazámonos co coche ata a praia de Patos. Despois voltamos a Pontevedra.
Quedaba pouco para a festa das Peregrinas e montei en moitas atraccións.
Na Feira Medieval disfraceime de rei. Era un pouco pequena pero había moita xente.
En setembro era o concerto de Pablo Alborán e eu fun. Había moita xente e as cancións eran moi bonitas.
Logo o dez de setembro empezou o colexio, e tocounos coa profe Mary Carmen que nos falou do blogue As Aguias De Lume. 
Estas vacacións foron as mellores pero ¡eu quería aínda máis vacacións!!!
Rubén Darío Pereira Rodríguez 5º A
 



Aventuras Na Praia
No verán fixen moitas cousas, entre elas fun ao Algarve, Portugal, unha semana e paseino xenial.
Cando cheguei a Pontevedra fun ao Santiaguiño e paseino moi ben.
Tamén fun á casa da praia en Portonovo coa miña avoa.
Fun moito á praia porque á miña avoa chífralle ir á praia.     
Volvín a Pontevedra porque a miña curmá María tivera un bebé e fun ao hospital para poder velo.
Uns días despois fun a Ourense ás piscinas municipais e ao río .
Cando fun á Feira Franca paseino xenial.
É que fixen foi ir a Portugal a uns chorros que están nun parque moi bonito no que comín.
Noelia Blanco Obelleiro 5º A



As Miñas Viaxes
Eu o que fixen no verán foi:
As dúas primeiras semanas estuven na miña casa de verán en Areas xogando cunha amiga.
Logo vinme cos meus pais e o meu irmán para Pontevedra. 
Ao día seguinte os meus pais foron traballar e o meu irmán ao HQR. Entón eu quedei soa coa miña avoa xogando e vendo a tele.
Á seguinte semana fun a Cádiz. Alí a comida estaba estupenda, case todo era frito.
Ao que máis fun foi á praia. Na viaxe foi o meu aniversario e paseino xenial...
¡Pero un día collin unha gripe e só puden tomar suero!
Despois duns días vinme para Pontevedra. Ao chegar regaláronme moitos agasallos.
Logo fun a algúns canpamentos, algúns cunha amiga.
Despois dunhas semanas de canpamentos fun á Warner de Madrid tres días e paseino xenial.
Na viaxe coñecín a uns nenos cos que montei nalgunhas atraccións.
Xa en Pontevedra descansamos un pouco de todas as viaxes.  
Angélica Badás Cimadevila 5º A

 

De Vacacións
Aínda que me encantou o verán, botei moito de menos aos meus amigos e ao colexio, claro.
Case todo o verán paseino en San Xurxo de Sacos, a miña aldea materna. Tamén fun a Ribeira, á casa do meu tío Lolo.
En San Xurxo de Sacos hai unha festa na Carballeira do San Xusto, os días 3 e 4 de agosto. Paseino moi ben nesa festa.
Durante todo o verán xuntámonos cos nosos curmáns. Éramos moitos e pasámolo xenial na piscina e sacando moitisimas fotos.
O próximo véran voltaremos a xuntarnos.
Sabela Lorenzo Figueroa 5º A

Un Verán Moi Especial
Este verán foi moi especial para min. Fun a Cáceres cos meus avós e coa miña tía. Alí fun a unha piscina natural e facía moito calor. Por iso só saiamos a pasear pola noite. 
Tamén fun unha semana a Chantada cos meus curmáns e xoguei cos meus amigos e amigas.
Eran as festas e alí coñecín a Alicia, a sobriña de Xoán e estivemos nadando na praia cun flotador que nos prestou el. E cando paramos en Arcade, a miña nai e Xoán, invitáronnos a unha pizza. 
En fin foi un verán moi especial.
Nerea Ferreira Ríos 5º A

 
As Divertidas Vacacións
No verán fixen moitas cousas como viaxar ao meu pais de nacemento.
Estando alí fun a varias cidades. A que máis me gustou foi Cartaxena.
Na praia montei no yesqui e fun a unha illa moi bonita coa auga moi cristalina.
Cando voltei a Galicia fun a un hotel moi bonito en Sanxenxo con vistas ao mar. Tamén tiña spa e encantoume.
Juan José Laverde Villa 5º A
 

O meu verán


   O meu verán foi bastante divertido e ademais fixen moitas cousas.
Un día de agosto fomos cuns amigos a PortAventura, un parque de atraccións moi grande situado en Cataluña. O meu hotel estaba a medio minuto do parque en Salou.
Algunhas atraccións daban bastante medo pero aínda así subín en varias delas.
O hotel era xigante e tiña unha piscina xigante tamén, e  paseino moi ben.  
Tamén despois desa semana maravillosa en PortAventura fun de camping a Riveira unha semana e tamén o pasei xeñial!
Falemos das festas en Pontevedra: eu non estiven moito porque pasei moito tempo en Vilagarcia, un pobo onde eu teño unha casa. 
Pero aínda así paseino moi, moi ben na Feira Franca en Pontevedra que foi moi bonita e orixinal, coma sempre.
Este verán paseino moi ben!   
Lucía Barreiro Lema 5º A

Unha Experiencia Única

Unha mañá levanteime moi cedo para ir ao aeroporto e voar ata Madrid. Ao chegar ao aeroporto paseino fatal. Cos nervos mareeime e ata vomitei. 
Chegou a hora de subir ao avión, era XIGANTESCO, foi unha experiencia única. 
Dento do avión paseino xenial e o que máis comín foron os manises.
Cheguei a Madrid e visitamos o parque Warner.
 Despois de pasar 3 semanas en Madrid fun a Lanzarote, a illa dos volcáns. Pasei un pouco de medo pero divertinme moito.
Máis tarde estivemos en Cádiz 3 semanas.
Amelia García García 5º A

miércoles, 23 de septiembre de 2015

As Novas Aguias De Lume 2015 Comezamos O Noso Voo Virtual

Ola!! Somos Sabela e Noelia da aula de 5º A, As Novas Aguias de Lume, 2015. Todos estamos moi emocionados de poder ser as novas  AGUIAS DE LUME.
Pensamos que este ano temos moita sorte por poder continuar a tarefa comenzada en anos anteriores por as outras aguias.
No blogue imos publicar todos os nosos traballos que imos ir facendo ao longo do curso. Esperamos que continuedes aí a gustar do blogue e de todo o que nel apareza.
Podedes compartir o blogue cos vosos amigos e familiares. Pasade un bo día!
Sabela Lorenzo Figueroa e Noelia Blanco Obelleiro 5º A

miércoles, 9 de septiembre de 2015

¡Feliz Vuelo Aguias De Lume 2013-2015!

¿Quién nos lo iba a decir? Ya está aquí el mes de septiembre y vosotros emprendéis un nuevo vuelo hacia otro destino para continuar el viaje de vuestros estudios y de vuestra vida.
¡Por eso estoy hoy aquí para desearos un feliz vuelo, Aguias De Lume 2013-2015!! 
También felicitaros porque recogisteis un testigo muy alto y habéis sabido darle una bonita continuación a un blog que nació con mucha ilusión y que ahí continúa. 
¡Enhorabuena por esas 27.000 visitas conseguidas por vuestra generosa aportación!!! ¡Gracias a vosotros y las anteriores Aguias de Lume, aquí estamos con algo más de 57.000 visitas!!! ¡Y esperamos continuar subiendo!!! 
¡A todos quiero decir que nunca os olvidaremos y que vuestros corazones permanecerán aquí latiendo al unísono con el nuestro!!! 
¡FELIZ VUELO AGUIAS DE LUME!!!!

martes, 30 de junio de 2015

Nuestras Palabras De Despedida

Y Hoy Os Dejamos Nuestras Palabras De despedida Del Cole.
Primero tenéis la versión en Power Point Y después en libro digital.
CLICAD EN LA IMAGEN PARA QUE COMIENCE LA PRESENTACIÓN
https://a0d407cc-a-62cb3a1a-s-sites.googlegroups.com/site/blogaguias5/Palabrasdespedida2.swf?attachauth=ANoY7crVaGY3uRTBlkI3vt8uF2zTz7u99Zo8MIYmjvytYFdxJspa-mA3uTyQHtEDQxQqTxQFr1e_d7NxlefBXysze2Ext3NQFwSPS4gjrYDyHxnKOA_arFr1U97UFLtBusE5qnDWqNs2g9j3cmslOLcHwUzUqqueZRKaREnKGQfK4jqNt9318q9ScLWgQo2gnrHzsNLoEkp96Fas8XcIEpmVrmKvbDTypixGbB-R0ukZUOklRtrIy3Q%3D&attredirects=0

Y aquí tenéis el libro digital. CLICAD SOBRE ÉL Y PODRÉIS VERLO A PANTALLA COMPLETA.

martes, 23 de junio de 2015

Ana Frank, Voz Del Holocausto

Seguramente muchos de vosotros conocéis la historia de Ana Frank y su familia. Ana, con las emotivas palabras que dejó escritas en su diario se convirtió en una de las voces del Holocausto.
Hoy, nosotros, As Aguias De Lume, dejamos aquí nuestro homenaje y el deseo de que nunca vuelva a ocurrir nada semejante.
PARA VER LOS TRABAJOS CLICAR EN CADA UNA DE LAS FOTOS

viernes, 19 de junio de 2015

Frases Con Sentido Figurado

Y hoy os dejamos unas presentaciones con frases en sentido figurado que seguro que os van a gustar.
Ya sabéis: Id clicando en cada imagen para ir viendo los distintos trabajos.

miércoles, 17 de junio de 2015

O Noso Pasado

Hoxe deixámosvos un mural no que encontraredes diversos traballos sobre o noso pasado. Para velos clicade primeiro nunha imaxe logo noutra e así en cada unha para poder saber algo máis do noso pasado.

viernes, 12 de junio de 2015

Festa Do Deporte Na Escola

No día de onte tivemos A Festa Do deporte na escola.
O alumnado de 6º fomos os grandes protagonistas do evento xa que eramos os xogadores de todas as modalidades deportivas que celebramos.
E o resto da escola era o público que se acercou ata alí para animarnos.
Foi moi divertido xogar contra 6º A con todos os compañeiros.
O resultado é o de menos. Foi bonito estar alí todos xuntos nun dos nosos últinmos días na escola.
O mellor foi que participamos. A nosa Profe Mary Carmen deunos os parabéns e dixo que loitamos moi ben, un verdadeiro equipo ata o final e que nunca nos rendemos.
Así estabamos na clase antes do partido.
Durante o partido.
 Na entrega de medallas.
Despois da entrega de medallas, algo cansos logo do traballo ben feito.


E todos contentos despois de pasada toda a xornada.
Ester Haxhijahja 6º B
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS 

miércoles, 10 de junio de 2015

Un Pouco Dos Nosos Antepasados

Un día, en Coñecemento do Medio, a nosa profe Mary Carmen díxonos que tiñamos que facer un traballo sobre os temas que estabamos a tratar.

A algúns de nós tocounos falar sobre A Prehistoria.
A outros tocoulles A Idade Antiga.
E tamén houbo a quen lle tocou A Idade Media.
Algúns fixemos o traballo en cartolina, ou en documento de word, ou writer e outros en Power Point ou Impress.
Gustounos moito a idea da profe porque grazas a iso sabemos moitas máis cousas dos nosos antepasados.
Como vedes, hoxe deixamos aquí no blogue algúns dos traballos feitos en cartolina.
Brenda  Salazar Giménez e Aida Moreda Romero 6ºB
CLICADE AQUÍ PARA VER MÁIS DETALLES

jueves, 4 de junio de 2015

De Excursión Ao Centro Etnográfico Do Río Mandeo En Teixeiro, Curtis

O martes 2 de xuño fomos de excursión ata O Centro Etnográfico do Río Mandeo en Teixeiro, Curtis. O diseño dos arquitectos fai que por fóra as súas paredes semellen palleiros.
Alí visitamos as instalacións que, por certo, están a un alto nivel tecnolóxico en canto ás exposicións e maquetas que alí se poden ver. Gustounos especialmente o poder ver como era un castro tal cual como cando estaban en pleno apogeo na Idade Do Ferro.
E claro, tamén cando pasabamos por diante do ordenador e nos poñía o casco dun guerreiro romano.
Tamén realizamos varias actividades. Para iso dividíronnos en tres grupos que iamos rotando para pasar por todo o que nos mandaban facer. Cada grupo tiña o nome dunha cor que eran laranxa, amarela e vermella.
Como xa dixemos turnabámonos nsas actividades. Por exemplo primeiro o grupo amarelo fixo o rastreo para a búsqueda duns sobres que estaban agochados polo bosque.
E tamén tiñan que contestar algunhas preguntas e adiviñanzas e incluso contar chistes.
O grupo laranxa fixo xogos populares como os bolos, a coller na boca e o pano.
¡Algúns corrían que parecían lebres!
O grupo vermello fixo un xogo no que tiñan que ordenar e completar refráns para logo escribilos nunhas libretas.
Pero o mellor foi na hora da comida. Comemos nun xardín, case que devorando todo o que levabamos!
 ¡Tiñamos unha fame negra!
E despois de sosegado o estómago algúns rapaces xogaron ao fútbol, pero a maioría xogamos todos xuntos coa nosa profesora Mary Carmen. Foi chulísimo!
Despois fixemos fotos en grupo para recordar a excursión e ter moitas lembranzas para máis tarde!
 Será algo inesquecible!

Ester haxhijahja, Zaira Núñez Vidal e Pablo Murillo Mateos 6ºB

sábado, 23 de mayo de 2015

Ideas Sobre Os Avances Tecnolóxicos

Hai un tempo estivemos a traballar sobre os avances tecnolóxicos. Hoxe deixámosvos algunhas das nosas ideas. Son 8 presentacións en Power Point.
PARA VER CADA PRESENTACIÓN SÓ TEDES QUE CLICAR NUNHA IMAXE, DESPOIS NOUTRA E ASÍ SUCESIVAMENTE.

viernes, 15 de mayo de 2015

A Visita De Filgueira Valverde Á Nosa Escola

Hoxe pola mañá visitounos Xosé F. Filgueira Valverde, ese personaxe a quen se lle adica este ano, 2015, O Día Das Letras Galegas.
Foi moi divertido e con el conseguimos saber moitas cousas da súa vida e tamén da súa obra e os libros que escribiu.
Era fantástico poder estar a falar con el directamente, en persoa. Así enterámonos que lle chamaban O Vello Profesor porque el tamén foi profesor aquí no Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra.
Tamén fixemos unha actividade na que tiñamos que ler un anaco dunha obra súa, Agromar, unha peza de teatro. Por parellas saímos a ler fragmentos de Agromar para todos.
Filgueira Valverde comentounos que é unha historia na que un rapaz de aldea dooulle sangue a un señorito que só falaba castelán, pero á mañán seguinte falaba galego.
E, máis tarde, cunhas palabras que Filgueira nos proporcionou, tivemos que crear un conto.
Tamén lemos en voz alta o resultado, e aínda que tivemos pouco tempo, a verdade é que aínda inventamos relatos moi chulos!
Carlos Rodríguez, Zaira Núñez, Ester Haxhijahja e Alicia Piñeiro 6ºB

viernes, 1 de mayo de 2015

Evolución E Avances Tecnolóxicos

Xa hai un tempo estivemos a investigar sobre os avances tecnolóxicos.
E, claro, despois, elaboramos uns traballos sobre todo o que tiñamos aprendido.
Aquí vos deixamos o resultado dalgúns deles.
 Zaira E. Núñez Vidal, Manuel Villanueva Gómez e Kedus J. Dueñas Ramallo 6º B
CLICADE AQUÍ PARA VER TODOS OS TRABALLOS