E continuamos a traballar coas plantas. Agora coa flor. Mirade que bonita esta de Vicente!
E moi personalizada esta de Rubén!
E que colorida a de Lucía B.!
E moi completo o debuxo de Adrián!
E que diferente a flor de Amelia!
Todas, todas son moi preciosas! Coma esta de Álvaro! E aínda temos máis!!!
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FLORES
jueves, 20 de octubre de 2016
martes, 18 de octubre de 2016
Na Busca Do Peixe Perdido
O peixiño vermello
Mentres Ramiro
intentaba atopalo o peixiño escalaba un gran estante. Cando Ramiro o encontrou
non o podía alcanzar.
O peixe máxico de Ramiro
O avó Ramiro encontra a Ramiro durmido. Encende
a luz e ve o peixe vermello no chan pero só estaba o esqueleto xa que o gato
Lucifer, a mascota da biblioteca, papouno. Pero non só iso senón que tamén
bebeu a auga do acuario mollando o libro que lle lera ao peixe vermello.
Pero resultou que o avó marchara porque
queríalle mercar un peixe novo e vermello ao seu neto, porque matárao sen
querer.
Ramiro púxose todo nervioso buscando e
rebuscando, mirando por aquí por alá e como non o atopaba púxose a chorar e chorou
tanto que case, case inunda a biblioteca.
O peixiño vermello
Tras horas e horas buscando o peixiño deuse
de conta de que había unha porta. Na porta había unha imaxe dun diamante como a
súa cabeza de grande.
Cando o neno quedou durmido o avó colleu o
acuario, sacou o peixe e quitou do mostrador unha pequena prancha de cociñar.
Mentres Ramiro durmía, o peixiño vermello
saltou do acuario e deslizouse entre estanterías e libros.
Mentres Ramiro
intentaba atopalo o peixiño escalaba un gran estante. Cando Ramiro o encontrou
non o podía alcanzar.
Pero o peixiño empezou a saltar de estante
en estante ata que Ramiro o colleu e meteuno no acuario.
Pero de repente dérase conta de que estaba
soñando e espertou.
O peixiño estaba alí!
Vicente Martí Pesqueira 6º A
O peixe máxico de Ramiro
Ramiro beliscouse para ver se era un soño
ou que era o que lle estaba a pasar.
Estaba tremendo e nervioso. Para calmarse
Ramiro decidiu ler o libro que tiña diante.
¡De súpeto todas as letras do libro
desapareceron!
Ramiro atónito, mirou para o libro e
apareceron uns pictogramas de frechas que parecían querelo guiar ata unha
porta.
El foi, abriuna e...
- Ramiro que estás a facer? Ahí non se pode
entrar!
Resulta que o seu peixiño estaba alí. Ramiro
preguntábase que facía alí, e a señora da limpeza dixolle:
- ¡Ah, estabades buscando este peixe? É que
pensei que alguén o perdera e... Como o atopaches ? Ramiro respondeu:
- O peixe chamoume!
E dende aquela Ramiro dá por feito que ten
un peixe máxico!!
Lucía Barreiro Lema 6º A
A morte do peixe de Ramiro
O avó Ramiro encontra a Ramiro durmido. Encende
a luz e ve o peixe vermello no chan pero só estaba o esqueleto xa que o gato
Lucifer, a mascota da biblioteca, papouno. Pero non só iso senón que tamén
bebeu a auga do acuario mollando o libro que lle lera ao peixe vermello.
Ramiro cando espertou, todo enfurruñado
botou o gato para a rúa e escribiu un libro sobre todo o que acontecera..
Ramiro moi preocupado, comezou a buscar por
todas partes, ata que ao final atopou unha porta que contiña moitos xoguetes.
Ramiro pensou:
-Debe estar aquí!
Comezou a buscar por todas partes, ata que
desilusionado pensou que o peixiño non ía aparecer nunca.
Nese momento espertou e atopou o seu
peixiño, nun andel da biblioteca! Todo fora un soño!
Angélica Badás Cimadevila 6º A
O misterio do peixe
Ramiro non esperaba que o seu peixe fora
desaparecer.
Ramiro foi correndo ato o seu avó. E atopou que Ramiro avó estaba escondendo algo misterioso...
Ramiro foi correndo ato o seu avó. E atopou que Ramiro avó estaba escondendo algo misterioso...
- Estás a esconder o meu peixe?
O avó avergoñado dixo:
- Eu, eu non teño nada!
Pero Ramiro estaba seguro de que o seu avó
tiña o seu peixiño vermello, porque cando o levou para a casa o avó berrara:
- Ramiro, xa che dixen que peixes na casa,
non!!!
Cando Ramiro avó marchou o neto aproveitou
para rebuscar no caixón do seu avó, e... sabedes que atopou? Si... atopou o seu
peixiño... Pero... morto!
Pero resultou que o avó marchara porque
queríalle mercar un peixe novo e vermello ao seu neto, porque matárao sen
querer.
O avó chegou á biblioteca e Ramiro estaba
esperándoo para botarlle unha pequena regueifa.
O avó Ramiro pediulle moitas desculpas, e
díxolle que tiña outro peixiño vermello.
O neno foi darlle unha aperta e tamén as grazas.
O neno foi darlle unha aperta e tamén as grazas.
E dende entón Ramiro acostumouse a aquel
outro peixiño vermello.
Amelia García García 6º A
O misterio do peixe
Ramiro púxose todo nervioso buscando e
rebuscando, mirando por aquí por alá e como non o atopaba púxose a chorar e chorou
tanto que case, case inunda a biblioteca.
Ata que se deu de conta de que era de noite
e... claro ¡A biblioteca pechara!
Pensou:
- Ó mellor o avó Ramiro levou o peixe.
Pero era de noite e como era a primeira vez
que ía á biblioteca non sabía moi ben o camiño. Tiña medo pero sen pensalo dúas
veces saíu pola venta dun chimpo.
Nerea Ferreira Ríos 6º A
O peixiño vermello
-Sigue lendo, eu serei o protagonista desta
fermosa historia.
Ramiro continuou a lectura.
O seu amigo era un peixe que escapara do
seu cativerio e realizaba unha longa viaxe por lugares fermosos facendo moitos
amigos e vivindo grandes aventuras.
En canto rematou de ler, Ramiro escoitou
que o chamaban.
Era hora de voltar á casa.
Sabela Lorenzo Figueroa 6º A
Ramiro e o peixe vermello
O neno preocupado e moi asustado comezou a
chamar polo seu avó e polo peixiño. Ninguén contestaba.
O neno preocupado e moi asustado comezou a
chamar polo seu avó e polo peixiño. Ninguén contestaba.
Así foi como Ramiro se deu conta de que
pecharan a biblioteca deixándoo a el dentro.
O rapaz respirou fondo e conseguiu manterse
entretido e tranquilo lendo as historias dos libros da biblioteca.
Mentres o avó e o peixiño vermello
decatáronse, ao chegar a casa, que Ramiro faltaba.
E tan axiña como puideron chegaron á
biblioteca para recoller o rapaz.
Noelia Blanco Obelleiro 6º A
Ramiro e o seu dilema
Tras horas e horas buscando o peixiño deuse
de conta de que había unha porta. Na porta había unha imaxe dun diamante como a
súa cabeza de grande.
Pasou pola porta e díxolle unha voz:
– Esperta...
E de súpeto espertou pero estaba nunha sala
escura.
No centro había unha escada iluminada por
unha luz.
Tentou subir pola escaleira pero caeu e
caeu e seguiu caendo e caendo...
E a voz falou de novo:
– Podes elixir só unha cousa!
Ramiro sen pensalo dúas veces colleu o seu
peixiño e marchou de volta para a casa.
Sempre hai que valorar máis un ser vivo que
un ben material.
Xermán González Rivas 6º A
Ramiro e o seu peixe
Ramiro empezou a buscar recuncho por
recuncho, libro por libro, estante por estante e decidiu pedirlle axuda o seu
avó.
Buscaron por todos os lugares da biblioteca
ata que se cansaron. Descansaron uns minutos e seguiron buscando. Ao cabo
dunhas horas déronse por vencidos.
E ao final resultou que o peixe estaba ó
lado del.
Ramiro, agora, todos os días vai á
biblioteca e le un libro para el e para o seu peixe.
Brais García Alonso 6º A
O peixe cociñado
Cando o neno quedou durmido o avó colleu o
acuario, sacou o peixe e quitou do mostrador unha pequena prancha de cociñar.
Cociñou nela o peixiño vermello e despois
papouno, e tirou a auga pola ventá.
Cando o neno espertou buscou por todos os
sitios da biblioteca ata que escoitou ao avó eructar e soltar unha espiña da
boca.
Entón Ramiro pediulle comprar outro peixe. O
avó comproullo e todos foron felices.
Daniel Rodríguez García 6º A
E aínda temos máis peixiños vermellos como este de Rubén:
CLICAR AQUÍ E MIRAR TODOS OS PEIXES
E aínda temos máis peixiños vermellos como este de Rubén:
CLICAR AQUÍ E MIRAR TODOS OS PEIXES
viernes, 7 de octubre de 2016
Emocións Na Biblioteca
Hoxe venres 7 de
outubro á terceira hora baixamos as escaleiras e entramos na biblioteca para
repasar algunhas das normas esenciais para o seu funcionamento.
Ao chegar alí a profe Águeda deunos a
benvida e tamén nos explicou en que consistía o novo proxecto da biblioteca. Este ano leva por título “Emociónate con nós”
que como vos podedes dar de conta xira arredor dos sentimentos.
Sentimentos que neste primeiro trimestre imos
poder expresar con emoticonos que a todos nos gustan tanto.
Que divertido vai ser poder crear eses emoticonos cos que poder expresar as nosas emocións!
Que divertido vai ser poder crear eses emoticonos cos que poder expresar as nosas emocións!
Todos escoitabamos con moita atención
sentados e caladiños. Mais houbo un momento en que puidemos
dedicarnos a explorar un pouco pola biblioteca.
Gustounos moito iso de poder coñecer as
novas adquisicións. Tamén tomar contacto cos noso libros xa
coñecidos.
Rebuscar un pouco polos andeis...
Facernos confidencias respecto ao que
atopabamos de interesante...
Unha vez que voltamos á aula de clase a
nosa profe púxonos un vídeo onde se reflexaban algunhas das emocións que
podemos sentir nalgún momento.
Nunha determinada altura paramos de ver o vídeo
e tivemos que adiviñar a súa continuación. E... Sabedes que? Despois de facer varias hipóteses conseguímolo!
Pero claro... iso porque entre todos xuntos
todo se fai moito mellor!!!!
martes, 4 de octubre de 2016
Na Escola Tamén Aprendemos A Comer
O venres día 30 de setembro asistimos a unha
actividade na biblioteca da escola.
Chamábase “Aprendemos a comer” e trataba sobre
a dieta mediterránea., considerada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
Baixamos das aulas e na biblioteca estaban 3
rapazas que nos mandaron sentar.
Primeiro comezou a falar Laura que nos
explicou as bases da comida mediterránea que resultaron ser o trigo, o aceite e
a uva. Todos estivemos moi atentos.
Seguidamente Olga falounos da pirámide alimentaria.
Gustounos moito saber que na base estaba o de poder sentarse a comer
tranquilamente coa familia.
A continuación dividíronnos por grupos.
Cada
grupo representaba unha comida do día e tiñamos que decidir entre os membros do
grupo o menú dese momento. Almorzo,
media mañá, comida, merenda e cea.
E os portavoces de cada grupo tiñan que saír e explicar a proposta escollida.
Polo rabiño do ollo podíamos ver que detrás de
nós estaba Noelia preparando uns pratiños.
Cando nos acercamos puidemos ver que
neles había cachiños de queixo, rodelas de tomates cherri, churruscos de pan e
aceitunas.
Tamén uns mini-pinchos en forma de espadas de
cores. Con eles e os alimentos tiñamos que elaborar unhas brochetas, cada un ao
seu gusto.
Por certo que as brochetas vexetais quedaron moi apetitosas!
Houbo ata quen se animou e confeccionou un bocadiño...
E cando chegou a hora de degustalos.... Ummmm!!!!
Que bos estaban!!!!!
E despois... A Bailar!!!! Siiiii.... Iso... A
bailar!!! Pois realizamos unha coreografía con movementos que representaban os
alimentos da pirámide alimenticia.
Foi moi divertido!!!
E ao saír da biblioteca obsequiáronnos cun
diploma a cada un, folletos con información do pan e outros alimentos e un bolígrafo.
Gustounos tanto que estamos á espera de que se
repita!!!!
Xermán González Rivas e Amelia García García
6º A
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














































