jueves, 20 de octubre de 2016

O Noso Invernadoiro De Flores

E continuamos a traballar coas plantas. Agora coa flor. Mirade que bonita esta de Vicente!
 E moi personalizada esta de Rubén!
E que colorida a de Lucía B.!
E moi completo o debuxo de Adrián!
E que diferente a flor de Amelia!
Todas, todas son moi preciosas! Coma esta de Álvaro! E aínda temos máis!!!
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FLORES

martes, 18 de octubre de 2016

Na Busca Do Peixe Perdido

O peixiño vermello
Mentres Ramiro durmía, o peixiño vermello saltou do acuario e deslizouse entre estanterías e libros.
Mentres Ramiro intentaba atopalo o peixiño escalaba un gran estante. Cando Ramiro o encontrou non o podía alcanzar. 
Pero o peixiño empezou a saltar de estante en estante ata que Ramiro o colleu e meteuno no acuario.
Pero de repente dérase conta de que estaba soñando e espertou.
O peixiño estaba alí!                                                                                    
Vicente Martí Pesqueira 6º A

O peixe máxico de Ramiro
Ramiro estaba aínda máis asustado, non sabía onde fora o seu peixe.
Ramiro beliscouse para ver se era un soño ou que era o que lle estaba a pasar.
Estaba tremendo e nervioso. Para calmarse Ramiro decidiu ler o libro que tiña diante.
¡De súpeto todas as letras do libro desapareceron!
Ramiro atónito, mirou para o libro e apareceron uns pictogramas de frechas que parecían querelo guiar ata unha porta.
El foi, abriuna e...                                
- Ramiro que estás a facer? Ahí non se pode entrar!
Ramiro de súpeto espertou e é que estaba a abrir a porta do cuarto da limpeza..
Resulta que o seu peixiño estaba alí. Ramiro preguntábase que facía alí, e a señora da limpeza dixolle:
- ¡Ah, estabades buscando este peixe? É que pensei que alguén o perdera e... Como o atopaches ? Ramiro respondeu:
- O peixe chamoume!
E dende aquela Ramiro dá por feito que ten un peixe máxico!!
Lucía Barreiro  Lema 6º A

 A morte do peixe de Ramiro
O avó Ramiro encontra a Ramiro durmido. Encende a luz e ve o peixe vermello no chan pero só estaba o esqueleto xa que o gato Lucifer, a mascota da biblioteca, papouno. Pero non só iso senón que tamén bebeu a auga do acuario mollando o libro que lle lera ao peixe vermello.
Ramiro cando espertou, todo enfurruñado botou o gato para a rúa e escribiu un libro sobre todo o que acontecera..
Adrián Fernández Fraguas 6º A


O soño
Ramiro moi preocupado, comezou a buscar por todas partes, ata que ao final atopou unha porta que contiña moitos xoguetes.
Ramiro pensou:                              
-Debe estar aquí!
Comezou a buscar por todas partes, ata que desilusionado pensou que o peixiño non ía aparecer nunca.
Nese momento espertou e atopou o seu peixiño, nun andel da biblioteca! Todo fora un soño!
Angélica Badás Cimadevila 6º A
 
O misterio do peixe
Ramiro non esperaba que o seu peixe fora desaparecer.
Ramiro foi correndo ato o seu avó. E atopou que Ramiro avó estaba escondendo algo misterioso...
Ramiro neto comezou a sospeitar do seu avó.
- Estás a esconder o meu peixe?
O avó avergoñado dixo:
- Eu, eu non teño nada!                   
Pero Ramiro estaba seguro de que o seu avó tiña o seu peixiño vermello, porque cando o levou para a casa o avó berrara:
- Ramiro, xa che dixen que peixes na casa, non!!!
Cando Ramiro avó marchou o neto aproveitou para rebuscar no caixón do seu avó, e... sabedes que atopou? Si... atopou o seu peixiño... Pero... morto!
Pero resultou que o avó marchara porque queríalle mercar un peixe novo e vermello ao seu neto, porque matárao sen querer.
O avó chegou á biblioteca e Ramiro estaba esperándoo para botarlle unha pequena regueifa.
O avó Ramiro pediulle moitas desculpas, e díxolle que tiña outro peixiño vermello.
O neno foi darlle unha aperta e tamén as grazas.
E dende entón Ramiro acostumouse a aquel outro peixiño vermello.
Amelia García García 6º A

 O misterio do peixe                                                                          
Ramiro púxose todo nervioso buscando e rebuscando, mirando por aquí por alá e como non o atopaba púxose a chorar e chorou tanto que case, case inunda a biblioteca.
Ata que se deu de conta de que era de noite e... claro ¡A biblioteca pechara!
Pensou:
- Ó mellor o avó Ramiro levou o peixe.
Pero era de noite e como era a primeira vez que ía á biblioteca non sabía moi ben o camiño. Tiña medo pero sen pensalo dúas veces saíu pola venta dun chimpo.
Cando chegou á casa, alí, na mesa da súa habitación estaba o seu peixiño chamado Roque.
Nerea Ferreira Ríos 6º A
                                                                                    
O peixiño vermello
Asustado, comezou a chamar a gritos o seu peixiño, sonrriulle e díxolle:
-Sigue lendo, eu serei o protagonista desta fermosa historia.
Ramiro continuou a lectura.
O seu amigo era un peixe que escapara do seu cativerio e realizaba unha longa viaxe por lugares fermosos facendo moitos amigos e vivindo grandes aventuras.
En canto rematou de ler, Ramiro escoitou que o chamaban.
Ramiro estaba a soñar e o seu avó chegaba a espertalo.
Era hora de voltar á casa.                                                  
Sabela Lorenzo Figueroa 6º A

 Ramiro e o peixe vermello
O neno preocupado e moi asustado comezou a chamar polo seu avó e polo peixiño. Ninguén contestaba.
Así foi como Ramiro se deu conta de que pecharan a biblioteca deixándoo a el dentro.
O rapaz respirou fondo e conseguiu manterse entretido e tranquilo lendo as historias dos libros da biblioteca.
Mentres o avó e o peixiño vermello decatáronse, ao chegar a casa, que Ramiro faltaba.
E tan axiña como puideron chegaron á biblioteca para recoller o rapaz.
Noelia Blanco Obelleiro 6º A

Ramiro e o seu dilema
Tras horas e horas buscando o peixiño deuse de conta de que había unha porta. Na porta había unha imaxe dun diamante como a súa cabeza de grande.
Pasou pola porta e díxolle unha voz:
– Esperta...
E de súpeto espertou pero estaba nunha sala escura.
No centro había unha escada iluminada por unha luz.
Tentou subir pola escaleira pero caeu e caeu e seguiu caendo e caendo...
Volveu espertar pero estaba o diamante da imaxe e ao lado o seu peixiño.
E a voz falou de novo:
– Podes elixir só unha cousa!
Ramiro sen pensalo dúas veces colleu o seu peixiño e marchou de volta para a casa.
Sempre hai que valorar máis un ser vivo que un ben material.
Xermán González Rivas 6º A

Ramiro e o seu peixe
Ramiro empezou a buscar recuncho por recuncho, libro por libro, estante por estante e decidiu pedirlle axuda o seu avó.
Buscaron por todos os lugares da biblioteca ata que se cansaron. Descansaron uns minutos e seguiron buscando. Ao cabo dunhas horas déronse por vencidos.
E ao final resultou que o peixe estaba ó lado del.
Todo iso fora un soño, e menos mal que o avó o despertou. Senón tería sido unha catástrofe.
Ramiro, agora, todos os días vai á biblioteca e le un libro para el e para o seu peixe.
Brais García Alonso 6º A
                          

O peixe cociñado
Cando o neno quedou durmido o avó colleu o acuario, sacou o peixe e quitou do mostrador unha pequena prancha de cociñar.
Cociñou nela o peixiño vermello e despois papouno, e tirou a auga pola ventá.
Cando o neno espertou buscou por todos os sitios da biblioteca ata que escoitou ao avó eructar e soltar unha espiña da boca.
Entón Ramiro pediulle comprar outro peixe. O avó comproullo e todos foron felices.
Daniel Rodríguez  García 6º A
  
E aínda temos máis peixiños vermellos como este de Rubén:
CLICAR AQUÍ E MIRAR TODOS OS PEIXES

viernes, 7 de octubre de 2016

Emocións Na Biblioteca

Hoxe venres 7 de outubro á terceira hora baixamos as escaleiras e entramos na biblioteca para repasar algunhas das normas esenciais para o seu funcionamento.
Ao chegar alí a profe Águeda deunos a benvida e tamén nos explicou en que consistía o novo proxecto da biblioteca. Este ano leva por título “Emociónate con nós” que como vos podedes dar de conta xira arredor dos sentimentos.
Sentimentos que neste primeiro trimestre imos poder expresar con emoticonos que a todos nos gustan tanto.
Que divertido vai ser poder crear eses emoticonos cos que poder expresar as nosas emocións!
Todos escoitabamos con moita atención sentados e caladiños. Mais houbo un momento en que puidemos dedicarnos a explorar un pouco pola biblioteca.
Gustounos moito iso de poder coñecer as novas adquisicións. Tamén tomar contacto cos noso libros xa coñecidos.
Rebuscar un pouco polos andeis...
Facernos confidencias respecto ao que atopabamos de interesante...
Unha vez que voltamos á aula de clase a nosa profe púxonos un vídeo onde se reflexaban algunhas das emocións que podemos sentir nalgún momento.
Nunha determinada altura paramos de ver o vídeo e tivemos que adiviñar a súa continuación. E... Sabedes que? Despois de facer varias hipóteses conseguímolo!
Pero claro... iso porque entre todos xuntos todo se fai moito mellor!!!!
 Amelia García García e Lucía Barreiro Lema 6º A
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS  

martes, 4 de octubre de 2016

Na Escola Tamén Aprendemos A Comer

O venres día 30 de setembro asistimos a unha actividade na biblioteca da escola.
Chamábase “Aprendemos a comer” e trataba sobre a dieta mediterránea., considerada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
Baixamos das aulas e na biblioteca estaban 3 rapazas que nos mandaron sentar.
Primeiro comezou a falar Laura que nos explicou as bases da comida mediterránea que resultaron ser o trigo, o aceite e a uva. Todos estivemos moi atentos.
Seguidamente Olga falounos da pirámide alimentaria. Gustounos moito saber que na base estaba o de poder sentarse a comer tranquilamente coa familia.
A continuación dividíronnos por grupos.
Cada grupo representaba unha comida do día e tiñamos que decidir entre os membros do grupo o  menú dese momento. Almorzo, media mañá, comida, merenda e cea.
 E os portavoces de cada grupo tiñan que saír e explicar a proposta escollida.
Polo rabiño do ollo podíamos ver que detrás de nós estaba Noelia preparando uns pratiños. 
Cando nos acercamos puidemos ver que neles había cachiños de queixo, rodelas de tomates cherri, churruscos de pan e aceitunas.
Tamén uns mini-pinchos en forma de espadas de cores. Con eles e os alimentos tiñamos que elaborar unhas brochetas, cada un ao seu gusto.
Por certo que as brochetas vexetais quedaron moi apetitosas!
Houbo ata quen se animou e confeccionou un bocadiño... 
E cando chegou a hora de degustalos.... Ummmm!!!! Que bos estaban!!!!!
E despois... A Bailar!!!! Siiiii.... Iso... A bailar!!! Pois realizamos unha coreografía con movementos que representaban os alimentos da pirámide alimenticia.
Foi moi divertido!!!
E ao saír da biblioteca obsequiáronnos cun diploma a cada un, folletos con información do pan e outros alimentos e un bolígrafo.
Gustounos tanto que estamos á espera de que se repita!!!!
Xermán González Rivas e Amelia García García 6º A