jueves, 16 de febrero de 2017

Admirando A Obra do Escultor Galego Francisco Leiro

O venres 20 de xaneiro saímos do centro para ir ver unha exposición sobre a obra do escultor galego Francisco Leiro.
Era nas instalacións do Café Moderno de Pontevedra.
Para chegar ata alí fomos andando desde a escola. 
É inverno e as árbores das prazas aínda están núas, sen follas.
Sempre nos gusta pasar por diante do noso museo, O Museo de Pontevedra.
Atravesar os Arcos de San Bartolomé.
Percorrer as nosas bonitas rúas de edificios de pedra.
Era cedo e A Praza da Leña aínda non estaba ocupada. Así puidemos contemplala en todo o seu esplendor.
A Praza da Ferrería permanecía solitaria.
Os camelios diante de San Francisco presentaban un aspecto apagado polas últimas xeadas.
E diante da Igrexa da Peregrina aínda non chegaran os peregrinos que por alí pasan.
Saudamos a Teucro, o noso fundador, que nos vía pasar desde alá enriba.
E decidímonos a entrar para ver a exposición “Os Traballos e os Días”.
Ao chegar fomos recibidos por dúas monitoras: Águeda e Vanessa. Dividímonos en dous grupos. A nós tocounos con Águeda. Con ela fomos ata o Salón Noble do Café Moderno.
Alí Águeda preguntounos se coñeciamos xa algunha cousa sobre Leiro e a verdade é que quedou... un pouco... Noooon... Bastante impresionada con todo o que xa sabiamos!!!
A continuación realizamos un taller de escultura. Previamente tivemos que diseñar o boceto.
E despois usamos unha especie de esponxa que era maleable e fácil de cortar.
Había que ir con moito coidado e darlle xeitiño...
E para a pouca experiencia que tiñamos, a verdade é que aínda non nos resultou de todo mal a cousa...
E podemos dicir que algunhas obras das que esculpimos quedaron bastante ben!
Fóra, na Praza, os personaxes da Tertulia continuaban coa súa teima!
Logo de lavar as mans de tanto traballar, era o momento de ir coa outra monitora.
Primeiro tivemos que recadar información sobre algunhas das obras de Leiro alí expostas.
Para logo contestar unhas cuestións sobre as mesmas e explicalas aos demais..
A todos nos chamou a atención a escultura dun Fauno.
Era todo feito dunha soa peza de madeira de castiñeiro.
Vanessa comentounos que a parte das patas estaba oca.
E resulta que nós, que xa sabedes que nos gusta moito investigar... puidemos comprobar que a escultura estaba oca de abaixo ata arriba de todo!!!
A Leiro gústalle moito relacionar as súas pezas coa natureza e con Galicia. E como homenaxe á súa terra, Cambados, este fauno leva na cabeza unha cesta das que se usan por alí para as vendimas. 
Tamén nos impresionou “ As recolectoras” dedicada a un grupo de mulleres voluntarias cando foi da catástrofe do Prestige.
A verdade é que foi todo moi divertido e gustounos moitísimo!
E aínda aprendemos moitísimas máis cousas deste grande escultor galego!!!
Gustounos moito como unía as pezas das súas esculturas...Algunhas dan a sensación de que van caer... Pero non caen!!! Impresionante!!!
Ao saír, na Ferrería xa lucía o sol.
E aínda tivemos tempo de facer unhas fotos de grupo na Praza da Leña.
Amelia García García, Vicente Martí Pesqueira e Xermán González Rivas 6º A
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DA SAÍDA 

jueves, 9 de febrero de 2017

Palabras de Paz E Liberdade

O Lapis E A Goma
Teño que facer un texto sobre a paz...
Son moitas as imaxes que me veñen á cabeza e poucas as palabras para expresar tan inmensa sensación.
Así que ante a escaseza de palabras vou utilizar a goma e con ela borrar todas as fronteiras que crean guerras, as fábricas que crean armas, os homes que matan ás súas mulleres, a fame do mundo, os mares que afogan as ilusións e a vida de moitos nenos e maiores...
¡¡¡E entre todos podemos seguir borrando todo iso que impide que sexamos persoas!!!
Agora... co lapis vou crear un mundo mellor!!!
Angélica Badás Cimadevila 6ºA                       

Paz Para Todos
Se eu soubese como facer maxia
Un, dous e tres
Loitas e guerras desaparecerían.
Os nenos e nenas poderían
Estudar e aprender,
Cos amigos xogar.
Felices poderían medrar,
Tocar e bailar!
Respecto e paciencia
Unidas ían traballar
Para unha mellor convivencia.
Alumnos e profesores
Ían construír a paz.
Non habería ningunha escola
Con violencia ou desigualdade.
Se eu soubese como facer maxia
Un, dous e tres
Isto podería ocorrer!
Emily Colman Noguera 6º A

Somos Diferentes, Somos Iguais!
Eu chámome Xermán e véñovos falar dunha cousa moi importante: a PAZ.
Aínda que xa levamos bastantes días deste ano e nos queixemos dalgunhas cousas, temos que darnos conta de que hai nenos e persoas que están en situación de guerra, de escravitude...
E por iso propóñovos unha cousa: que todos nós loitemos pola PAZ, que non deixemos que nos separen e que constrúan barreiras entre nós.
Por iso quero que a persoa que estea lendo isto tome conciencia de que non pode permitirse ningún sentimento de odio ou discriminación hacia ninguén!
Para rematar, quérovos ensinar un poema escrito por min:
Somos diferentes,
Somos iguais,
Somos irmáns,
Somos persoas...
Dá o mesmo
Que raza,
Que sexo,
Que relixión...
Non podemos deixarnos influenciar,
Loitemos pola PAZ!

E preguntarédesvos
Por que escribo PAZ con maiúsculas!
Escríboa así porque é algo que ten que destacar entre todas as outras cousas!!!
Xermán González Rivas 6º A

Construímos A Paz
A paz non é algo que se ve ou se toca! É algo que se constrúe a base das nosas boas accións, no noso día a día... Aparte, un, debe crer nela e traballar para conseguila!
Se unimos forzas poderemos frear as guerras e construír a paz!!!
Adrián Fernández Fraguas 6º A












Eu Non Quero A Guerra
Eu non quero guerra,
Eu quero amor
E nunca sentir
Nin un pouco de dor!

Quero ser bo e ter comprensión
E sempre tratarvos ben a todos vós!
Mario Gómez Miranda 6ºA

O Meu Mundo Ideal
O meu mundo ideal é aquel no que reina a paz. 
No que todos os seres vivos que o habitan se respectan e viven en harmonía e irmandade!
No que todos os nenos e nenas teñen unha familia que os quere e coida!
No que todos teñen con que alimentarse e poden ir á escola a aprender!
No que non existe a discriminación de ningún tipo!
No que non hai acoso entre nós, os rapaces, nin violencia de xénero!
Quero vivir nun mundo de amor e comprensión, onde os homes non loitemos entre nós, senón que nos axudemos e así poder construír un mundo de paz e amor.
Sabela Lorenzo Figueroa 6º A 
 
Palabras De Paz
Estamos aquí convocados pola paz un evento único en todo o mundo.
Quero que todos saiban que hai outras persoas: nenos,mulleres,homes e bebés sufrindo frío mentres que outros estamos tan tranquilos sen facer nada...
Temos que unir as mans, formar alianzas e atar lazos porque aínda que sexan doutra raza son persoas coma nós!
Imos loitar por un mundo mellor.  Loitemos, con palabras de paz, pero loitemos!
Daniel Rodríguez García 6ºA
O Día Da PAZ
¿Que é a paz? ¿En que consiste? 
O gran día da paz consiste en que todos os nenos e nenas loitemos pola paz e que todo o mundo escoite que non queremos guerra.
Queremos paz entre todas as persoas: profesores, nenos, irmáns, familias...
Neste día podemos dicir non a moitas cousas: non ao racismo, non ao terrorismo, non ao machismo...
Só quero que repitades comigo: Non a todo iso! Non á guerra!
Amelia García García 6º A

A PAZ É A Mellor Vida
A paz é a convivencia,
A mellor vida en si!
Imaxina o mundo con só PAZ,         
Seriamos todos felices!!!
Non á guerra,
Non ao racismo,
O único que pido,
É PAZ e amor!!!
Juan José Carballido Biempica 6º A

Todos Somos A Paz
A paz é un símbolo de bondade
Que significa non á guerra
E así toda a humanidade
Poderá vivir na Terra.

A paz é non á discriminación,
Non a todo tipo de abusos!
E por iso hai que loitar
por un mundo mellor!!!
Brais García Alonso 6º A





Palabras De Liberdade
Non á guerra, sí á paz!
Non pedimos guerra,
Só paz!
A paz é nosa,
A guerra, dos que a buscan.
Queremos un mundo de paz
No que todos
Esteamos unidos.
Construamos un muro
Contra a guerra.
Non ao racismo,
Sí á liberdade!
Vicente Martí Pesqueira 6º A
Salvemos A Paz
A paz non é guerra, é amor e compañía. Se che gusta a paz e queres salvala, cos teus seres queridos podes facelo. Se tes amigos e compañeiros reuniredes o mundo e salvarédelo! Todos xuntos... Se che gusta a paz e queres disfrutala, elixe a harmonía e poderás amala!
Ariadna V. Montouto Mesías





Vencer Coa Paz
Queremos a paz
Non o malestar.
Queremos felicidade        
Para toda a sociedade!

Non ás guerras nin á desolación.
O que queremos é
Un mundo mellor!

Non máis fronteiras
Nin emigración!
O que queremos é
A paz e o amor!
Nardos Dueñas Ramallo 6º A

Unha Branca Pomba
Unha branca pomba
Quérenos ensinar
Que un pobo sen guerra
Podemos acadar.
Quere traernos a ledicia,             
A paz e o amor,
E quere que todos
Viviamos mellor!
Kike Jiménez 6º A


Loitemos Pola Paz
Somos os nenos deste planeta e neste día tan especial empezamos a traballar, empezamos a construír a paz. Co corazón aberto para sentila queremos igualdade, non queremos barreiras que nos separen. Creamos na paz para que todos xuntos podamos acadar esta máquina de construír sorrisos. ¡Feliz día da paz!
Lucía Barreiro Lema 6º A
Todos Unidos Pola Paz
A paz é algo moi importante, é algo que pode cambiar o mundo! Se todos estamos unidos podemos parar as guerras, podemos empezar de novo, non ver as razas e quitar as fronteiras! Todos unidos pola Paz!
Noelia Blanco Obelleiro 6º A
 Todos Queremos PAZ!
Nerea Silva 6º A
Porque Coa PAZ Sempre Gañarás!
 Juan José Laverde 6º A
Nerea Ferreira Ríos 6º A

jueves, 2 de febrero de 2017

Acadadas 100.000 Visitas Moitas Grazas!

Hoxe estamos aquí todas As Aguias De Lume porque resulta que o noso blogue xa leva acadadas máis de 100.000 visitas!!!
Sabemos que iso só foi posible pola presenza de todos vós, amigos, familiares e lectores de todo o mundo e que nos acompañades día a día, aventura tras aventura!!! Estades ahí desde o comezo do blogue coas primeiras Aguias De Lume, que nos deixaron o listón moi alto e ás que lembramos con cariño, tamén coas segundas aguias que continuaron con un gran traballo.  Por iso, nós que recollemos o testemuño, hoxe, en nome de todas, queremos dicir:
Moitas Grazas! ¡Muchas Gracias! Danke Schön!  Grazie Mille! Merci Beaucoup! Muito Obrigado!
Cando a luniña aparece
i o sol nos mares se esconde,
todo é silencio nos campos,
todo na ribeira dorme. 

Rosalía de Castro

domingo, 29 de enero de 2017

Arredor de Fatema Mernissi Premio Príncipe De Asturias 2003

Como integrantes das Escolas Asociadas á UNESCO durante o mes de xaneiro traballamos arredor da figura de Fatema Mernissi.
Nerea Ferreira Ríos, Lucía Barreiro Lema, Ariadna Montouto Mesías, Nardos Dueñas Ramallo, Amelia García García 6º A

viernes, 20 de enero de 2017

En Sentido Figurado Ou Literario

E aquí vos deixamos unhas presentacións con palabras e frases con sentido figurado. CLICADE EN CADA FOTO PARA QUE COMECE.

viernes, 13 de enero de 2017

Día De Radio: Somos Reporteiras E Regueifeiros

Hoxe na escola parecía que había unha revolución!
E é que resulta que os da Emisora de Radio Onda Cero achegáronse ata aquí para facer unha gravación con participantes de distintos niveis.
 Nós, Noelia, Lucía B., Nerea F., Angélica e Nardos estivemos a cargo de ir chamando a cada clase cando era a súa quenda e acompañalas ata a biblioteca que era onde tiña lugar a gravación.
Foi unha experiencia moi bonita e activa, case como participar nunha maratón! 
E, como vedes, tamén fixemos de reporteiras gráficas!
Durante o tempo que durou todo, repartímonos un pouco o traballo.
Iamos buscar os participantes ata as aulas e camiñabamos polos corredores.
E baixabamos polas escaleiras.
Procuramos manter un pouco de orden e a verdade é que se portaron fantasticamente!
Tamén esperabamos moi pacientemente cando era necesario.
Ás veces foi necesario tomar asiento.
E  todos colaboraron moi ben!
E, por suposto que estivemos dentro, onde se cocía todo o miolo do asunto!
Así puidemos escoitar e ver todo de primeira man!
 E tamén puidemos facer esta reportaxe gráfica para todos vós!
 Ao fin, a pesar de algunhas malas pasadas dos trasnos da tecnoloxía, todo correu estupendamente!
E claro, nós tamén actuamos! Participamos todos os da clase botando unha regueifa!
E, segundo Begoña, a locutora, saíunos mallado! 
A pena foi que xa se acabou! E aquí quedamos desexando que veña outra actividade para continuar a contarvos todo, todiño!
Nardos Dueñas Ramallo, Noelia Blanco Obelleiro,Angélica Badás Cimadevila, Lucía Barreiro Lema e Nerea Ferreira Ríos 6º A
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS  

martes, 10 de enero de 2017

Escritores E As Súas Obras

E aquí vos deixamos o noso primeiro traballo do ano 2017 sobre algúns escritores e as súas obras.
CLICADE EN CADA FOTO PARA QUE COMECE A PRESENTACIÓN.