miércoles, 30 de noviembre de 2011

Os Nosos Bodegóns

Pola época do magosto a profesora Mary Carmen, para Plástica, mandounos realizar uns bodegóns incluíndo neles as froitas que nos tocaran nun reparto entre toda a escola....Cada nivel tiña asignadas dúas froitas, e a nós tocáronnos: feixoas e améndoas.

Primeiro fixemos os bocetos do que queriamos. Logo mesturamos cores: laranxa e amarelo, azul e lila.etc.
Tamén observamos en internet fotos de bodegóns de pintores famosos para inspirarnos nos fondos e así intentar evitar colorealo todo de unha soa tonalidade.

A continuación pintamos os bodegóns con ceras brandas, rotuladores, acuarelas... E incluso collage...
Algúns colocamos as froitas en cestos, en cuncas, pratos... Ou simplemente enriba dunha mesa...

Encantounos facer os bodegóns porque ademais de divertirnos facéndoos aprendemos a combinar cores, e a dar fondos para que estean máis bonitos ...
Máis ou menos costounos rematalos un mes, pero o esforzo mereceu a pena xa que quedaron todos preciosos...
Vós que opinades?   
No vídeo podedes mirar todos os traballos.             
Joel Moreira Fernández, Almudena Lorenzo Ríos, Aarón Loira García e Ismael Pereira Iriarte   5ºB 
                                                                                                                                                       

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Nuestros Anuncios Publicitarios

Hicimos este trabajo para la clase de Lengua Castellana. A algunos nos costó mucho hacerlos, pero al final fue muy divertido y quedaron muy originales. Para nosotros tienen mucho mérito, porque sobre todo están hechos con amor y ganas de hacerlo bien... Hubo gente que mezcló ideas, y otros directamente inventaron un producto...

La mayoría los hicimos en cartulina pero hubo quien presentó el trabajo en pendrive, como Aldara (cuyo trabajo sobre la infancia está en un post más abajo) y Anxo, cuyo trabajo veréis a continuación. También os dejamos un vídeo con los trabajos en cartulina...
Esperamos que os guste todo lo que veis... ¡Y nosotros seguiremos haciendo todos los trabajos así de bien!!!!
Helena Pascual Tajes, Tomás Rodríguez Durán, Sandra Quiroga Fortes, Jorge Iglesias Acuña y Javier González Carballo 5º B



EN LA CIUDAD DE PONTEVEDRA SE HA DESCUBIERTO UNA
 NUEVA CONSTRUCCIÓN
 EN LA CIUDAD DE PONTEVEDRA HA SIDO DESCUBIERTA UNA NUEVA CONSTRUCCIÓN DE LA ÉPOCA CELTA
 ANXO VIDAL GARCIA Y SU EQUIPO DE ARQUEÓLOGOS DEL VILAVERDE HAN TRABAJADO MUCHO PARA DAR A CONOCER LAS CARACTERÍSTICAS DE ESTE DESCUBRIMIENTO.
EN LAS EXCAVACIONES SE ENCONTRARON RESTOS DE GUERREROS Y PESCADORES CELTAS, ASÍ COMO, DISTINTOS UTENSILIOS. TODO ELLO DENTRO DE LAS MURALLAS DE UN MAGNÍFICO Y FANTÁSTICO CASTILLO DONDE TAMBIÉN APARECIÓ PARTE DEL EJÉRCITO DE TERRACOTA. 

 ¿QUÉ HACÍA PARTE DEL EJÉRCITO DE TERRACOTA EN PONTEVEDRA?
 ANXO Y SU EQUIPO DE ARQUEÓLOGOS DEL VILAVERDE TRABAJANDO EN LAS EXCAVACIONES
Anxo Vidal García 5º B

lunes, 21 de noviembre de 2011

Los Derechos De La Infancia

Este es un trabajo sobre los derechos de la infancia. Es algo corto porque nuestra profesora Mary Carmen nos mandó hacer un anuncio para la clase de Lengua Castellana. A mí se me ocurrió la idea de hacerlo sobre los derechos de los niños porque se celebraba el 20 de noviembre, que fue ayer.
La música de fondo es muy bonita aunque las imágenes entristecen a cualquiera : En clase a algunas personas se les derritió el corazón haciendo que lloraran a mares.
En África, los niños mueren de hambre por desnutrición y no pueden vivir la vida que se les ofrece a cualquier niño de nuestro país.
En China, los padres que tienen niñas y no varones, no las quieren y algunas veces las meten en un orfanato.
Música del vídeo: "Windswept" (Azotado por el viento) por Ross La Vel.
Aldara Fernández Fernández 5º B



VER DERECHOS DEL NIÑO: MAFALDA Y AMIGOS

miércoles, 16 de noviembre de 2011

O Noso Recanto De Poesía

Eses outonos non volverán
Na alborada de aquel día                             
que tan lonxe agora está,
as andoriñas voaban,
voaban sen parar.

Empuxadas polo vento
que bruaba en Penamá,
o sol estaba no alto
e as xestas a brotar.

O solpor xa comezaba,
todos foron descansar,
mais as andoriñas non paraban...
Non teñen que pousar?
Aldara Fernández Fernández 5º B
                                                                                      Andoriña
Andoriña,
ti que voas no solpor,
dime,
vas na busca de paxaros 
para atopar o amor?
O bruar do vento
non te deixa escoitar.
Andoriña,
co sol da alborada,
queres escapar?
Entre as xestas do monte,
podereite atopar?
Sara Mirón Caldas 5ºB

Andoriña namorada                                  
Andoriña, andoriña namorada,
reluce co sol da alborada,
coa túa plumaxe encantada!

Brúa o vento no solpor,
cunha grande dor...
Na xesta durme namorada
andoriña, acaramelada...
Andoriña, andoriña,
andoriña namorada...
Anxo Vidal García 5ºB

As andoriñas 
As andoriñas fuxen do vento,
teñen frío, necesitan sol,
coa alborada, ou no solpor.
O bruar do vento
que move as xestas
dilles adeus ás andoriñas...
Helena Pascual Tajes 5ºB



 A miña  andoriña             
Na alborada do sol
vin unha andoriña voar aló...
O vento bruaba
e coas xestas xogaba...
E cando o solpor chega,
dereitiña dorme na bodega...
Laura García García 5º B


Baile de outono
Tras o luar daquela noite,
o sol da alborada brillaba                            
e as andoriñas, na xesta,                    
unha danza nova bailaban...                      

Tras o vento, tras o vento,
tras o vento do bruar,
na alborada as andoriñas,
xa sabían que o solpor,
estaba a chegar...
                                  Uxía Villanueva Bermúdez 5º B

 

Eu xogo
Cando chego ao colexio
e escoito as andoriñas cantar,              
sei que os meus compañeiros
espéranme para xogar.

Co vento na miña cara
e o sol da alborada,
dedícome a bruar.
E cando vexo o solpor,
entre as xestas,
fecho as fiestras
e póñome a estudar...
Eduardo Lores Baamonde 5º B

A cor do ceo
Aquela linda andoriña
fixo o niño nunha cesta
agochada nunha xesta.
Cando chegaba a alborada,
espertaba moi animada.
Escoitaba o vento bruar
e comezaba a voar,
mas sen alento quedaba...
E ao chegar o solpor
á sua casa tornaba.
Antón J. Freire Barcia 5º B

Durmido
Durmido estaba ata que chegou a alborada.       
O sol, na miña fiestra...
E, fóra, o bruar do vento,
mecía a xesta...
Ao solpor, as andoriñas,
repousan as súas asas,
cansas, moi cansas de voar...
Tomás Rodríguez Durán 5º B

 Voa, andoriña, voa
Andoriña de ollos   verdes,
andoriña de cristal,
sopra un vento delicado,
que nin ás xestas fai bruar...

Andoriña, andoriña,
xa chegou a alborada,
cun sol ardente a rabear...
Esperemos ao solpor
para botar a voar!
Dalila García García 5ºB

martes, 15 de noviembre de 2011

E Así É Como A Araña Tece A Súa Tea

E ben, rapaces e rapazas como vos prometín, aquí vos deixo o vídeo de como a araña tece a súa tea...
Aínda que o idioma en que está escrito é o francés, o que importan son as imaxes...
Só basta mirar... Veredes que é impresionante!!..... Bem, xa me contaredes as vosas impresións!!

viernes, 11 de noviembre de 2011

O Magosto Na Escola

E, sí, por fin hoxe, celebramos O Magosto na escola!
E fixémolo con distintas actividades: A Macedonia Musical, Bodegón, Coidadiño, O Rincón Do Poeta e Chapacastaña...
A nós, os de 5º, tocounos pasar primeiro pola Macedonia musical, e foi o que máis nos gustou!
Consistiu en cantar o estribillo de unha canción popular:
E peras, e peras, e peras e mazás,
ameixas e uvas, marmelos e románs...

Logo baixamos ao patio donde xogamos co trompo e vimos como se asaban as castañas...
Cando voltamos outra vez á clase, con follas de xornal confeccionamos os cucuruchos e comemos unha chea de castañas que estaban deliciosas... Á maioría da clase encántannos os froitos secos!!

Temos que dicir que tiñamos moitos nervos e estabamos moi charlatáns, e poñiamos á profe toda histérica!! Tamén sinalar que hoxe non estabamos na nosa clase porque nela estaban cos preparativos para ter os ordenadores e demais aparatos do Plan Abalar... E deixamos a clase de Relixión feita un desastre con tanto rebumbio!!
 Con todo foi unha festa emocionante! Temos que repetir!!
Isabel Recarey Benito, Aldara Fernández Fernández e Dalila García García  5º B

VER MAIS FOTOS DO MAGOSTO

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Moitas Grazas Por Estar Aí!!

Hoxe na escola puxémonos moi contentos cando miramos que xa tiñamos alcanzadas as 3000 visitas... 
3000 visitas en um mes que levamos traballando no blog!! Por iso estamos agora aquí, para agradecervos a vosa presenza, queridos visitantes...
Moitas grazas               Muito obrigada           Thank you so much     Merci beaucop               Tante grazie                         Danke       Muchas gracias
5º B

domingo, 30 de octubre de 2011

Isto É Halloween!... This is Halloween!

Estes últimos días a escola estaba con un ambiente distinto... Mesmo cheo de misterio... Ías andando, e... De súpeto, aparecíache unha meiga voando na súa vasoira...Ou... Un gato negro miañando polos corredores... Ou...
E era que, coas profes de Inglés, estabamos a preparar o Halloween!!
Halloween, como sabedes, é unha festa que se celebra o 31 de outubro, con orixe na festividade celta do Samaín, e que os emigrantes irlandeses levaron a América, donde é moi popular...
O nome Halloween deriva da expresión inglesa "All Hallows Eve" (Víspera de todos os santos)... Os antigos celtas creían que nesta noite, os malos espíritus do outro mundo pasaban a este, e tamén pensaban que usando caretas e roupa diferente á de todos os días podíase escorrentar estas malas influencias... De aí que a xente se disfrace polo Halloween...
Nós tamén quixemos escorrentar os malos espíritus da escola... Para iso preparamos os nosos calacús con moito coidado, seleccionando con moito detalle a forma que lles queriamos dar... Ao final quedaron chulísimos!! Aquí vos deixamos un vídeo co resultado!! A ver se vos gustan!! Non pasedes moito medo!!
... HAPPY HALLOWEEN!!... E A DESFRUTAR DO SAMAÍN!!... 5ºB

sábado, 22 de octubre de 2011

Nuestras Cartas Desde...

Copenhague, 13 de diciembre de 2011
¿Qué tal Esquiper?
Los daneses me persiguen por culpa de Hans, después de haber desbaratado sus malvados planes de Conquista Global...
Si recibes esta carta a tiempo, nos encontraremos en ChinaTown... ¡Ten cuidado!!!¡Ahora Hans puede ir a por ti!!!
Un saludo de tu viejo y perseguido amigo
Eduardo
Eduardo Lores Baamonde

Londres, 10 de Octubre de 2011
Queridos primos:
Estoy de viaje en Londres. Me gusta mucho, es una ciudad muy bonita... Me he montado en una noria y hemos tardado aproximadamente una hora en hacer el recorrido completo... ¡Había unas vistas espectaculares!! Después fuimos a visitar El Museo De Cera y quedé impresionada... Era precioso, ya que las figuras de cera parecían personas auténticas... Luego fuimos a comer y al acabar salimos a comprar algunos recuerdos.
Ahora estamos en el aeropuerto, para volver.
¡Chao, chao!
Laura G. G.
Postdata: Nos vemos pronto. Cuando regrese ya os daré unos bonitos recuerdos de esta ciudad...
Laura García García

Barcelona, 2 de Noviembre de 2011
Querido hermano:
¡Estoy en Barcelona! Llegamos ayer en avión. Me encantó el aeropuerto porque es enorme y hay mucho movimiento de gente de un lado para otro...
El el aeropuerto, papá alquiló un coche para desplazarnos por Barcelona, y al ir hacia el hotel, pasamos por sitios muy bonitos, donde pudimos observar barcos, transatlánticos atracados en el muelle...
Pasamos por la Avenida Diagonal, que cruza Barcelona de un extremo a otro, y por donde circulan muchos coches.
Ya te contaré más cuando visitemos La sagrada Familia, Las Ramblas, etc...
Un beso de tu hermano que te quiere
Joel
Joel Moreira Fernández

Madrid, 5 de Enero de 2011
Hola Isma:
¿Sabes dónde estoy?... Pues... Estoy en Madrid.
Sólo te escribo para saber cómo estás, porque yo estoy genial. Me lo estoy pasando muy bien viendo muchos partidos en el Santiago Bernabéu...
¡Hasta he visto ya a todos los jugadores de Real Madrid!!!!
Bueno, en resumen, me lo estoy pasando estupendamente...
Adiós, Isma. Muchos besos.
Jorge
Postdata: Por cierto, cuando nos veamos te invitaré a unos helados, que aquí los hay buenísimos!!
Jorge
Jorge Iglesias Acuña

Pekín, Jueves 20 de Octubre de 2011
¡Hola Humanidad!:
En estos momentos estoy en Pekín, la capital de China. Viajé a Sián a ver el monumento Los Guerreros de terracota. Es muy divertido y también  muy interesante porque ese ejército parece que nunca se acaba... También visité La Muralla China, construída por los campesinos chinos, muchos de los cuales fallecieron por el intenso calor que había cuando la estaban construyendo, y que ahora están dentro de la muralla enterrados... 
Aquí os dejo un dibujo que yo mismo realicé de los Guerreros de terracota...
Anxo
Anxo Vidal García

Marcón, 20 de Octubre de 2011
Hola, mi querido amigo Pedro.
Ya ha empezado la Liga Infantil de Fútbol. En mi primer partido de liga, hemos ganado ¡ 11 a 0!!... Yo metí dos goles, Xurxo cuatro y el capitán del equipo consiguió 5 goles ...
Al final, nuestro entrenador se puso tan contento que ¡nos invitó a tomar algo en una cafetería!
Y esto es todo lo que nos pasó hoy.
Nicolás
Nicolás Regueira Piquenque
 

París, 20 de octubre de 2011
Hola familia:
Lo estoy pasando genial en París... ¡Ya es invierno!!! Y aunque hace mucho frío ha merecido la pena. Ya he subido a la Torre Eiffel, vi los fuegos artificiales y un castillo en donde a las 00:00 horas se encienden un montón de luces. Desde mi hotel se ve de maravilla.
¡Qué suerte que pude pagar el viaje!! Vuelvo dentro de un mes.
Os añoro mucho.
Besos y abrazos para todos.
Aldara Fdez
Aldara Fernández Fernández


 Kenia, 19 de Julio de 2011
Querida Paula:
Supongo que ya estás enterada de que viajaré a New York dentro de un mes... 
Pero ahora te escribo para comentarte mis aventuras por aquí: Hemos ido de safari en un coche todo-terro chulísimo... Ya en la jungla nos encontramos con un león, y yo,¡me asusté un montón!!...
Ayer, hicimos una ginkana guarra y a mí me embadurnaron el pelo con aceite...
Bueno, aquí te dejo, que ¡nuevos peligros me están acechando!!...
Sara
Postdata: ¡Gracias por regalarme el viaje!!
Sara Mirón Caldas
  
      

lunes, 17 de octubre de 2011

La Imprenta

Este año en Lengua Castellana ya comezamos a realizar trabajos de investigación. Y el primero que nos tocó es sobre La Imprenta. 
Después de buscar información, podíamos presentarla en distintos formatos: En cartulina, tipo libro, en presentaciones powerpoint, etc...

Nos gustó conocer hechos sobre la persona que se cree que fue "El Padre" de la imprenta, el alemán Johanes Gutenberg. También descubrimos que las letras, para ser imprimidas, las ponían del revés, como veréis en algunos de los trabajos, pero quedaban plasmadas del derecho... 
 También aprendimos que la imprenta fue un gran invento porque antiguamente, los libros se escribían a mano, y se podían tardar años en copiar un libro entero... Además se utilizaban muchas páginas, entonces, no se editaban muchos libros y muy poca gente sabía leer: Sólo la familia real y los monjes que estaban en los monasterios...
Así la imprenta supuso todo un avance: se podían hacer más libros, y mucha más gente podía conocerlos y aprender a leer y a escribir...
El trabajo también tuvo su parte divertida, como cuando supimos que la tinta estaba hecha con vino... 
También nos gustaron las imágenes y el tipo de letra de los libros antiguos, todas hechas a mano, adornando los libros de una manera muy original... ¡Algunas son preciosas!!
Aquí os dejamos un vídeo con algunos de los trabajos... ¡Esperamos que os gusten!
Disfrutad también de la Música de Luar Na Lubre: "O Son Do Ar".

 Aldara Fernández Fernández, Uxía Villanueva Bermúdez,
Laura García García 5º B

jueves, 13 de octubre de 2011

Máis Animais En Perigo

Hoxe traemos ao blogue outros traballos sobre animais en perigo. Esta vez é un traballo feito con Windows Live Movie Maker e dúas presentacións en Powerpoint. Con respecto ás presentacións en powerpoint hai que sinalar que ao subilas ao blogue pérdense os efectos de animación, as transicións de diapositivas e a música ou os sons... É unha mágoa, que non se poidan apreciar...  Mas aí queda a ilusión coa que están feitos...
As presentacións están feitas con fotos e textos tomados de Internet, e o traballo con Movie Maker ten imaxes en vivo, obtidas do programa "La Conquista Del Agua" da serie de TVE2 "El Hombre y la Tierra" de Félix Rodríguez De la Fuente.
Gustounos moito facer estes traballos pois é algo diferente, e podiamos poñer efectos especiais...
Esperemos que vos gusten tanto como os outros traballos que xa vistes no post anterior.
Aldara Fernández Fernández, Laura García García E 
Helena Pascual Tajes 5º B



lunes, 3 de octubre de 2011

Animais En Perigo

 Este trimestre xa comezamos traballando forte...
En Coñecemento do Medio estamos estudando os seres vivos, entón, pareceunos unha boa idea elaborar uns traballos sobre animais en perigo.

Cada neno e nena da clase elexiu un animal, recopilamos información e despois levamos a cabo os traballos.
Podiámolos presentar de varias maneiras, xa fora en cartolina grande, cartolina pequena ou en folio, como se fose un libro, en pendrive, etc...

Gustounos moito levar a cabo esta tarefa, porque os animais sempre nos gustan, e pasamos momentos divertidos buscando os datos, seleccionando as fotografías, ao mesmo tempo que nos enterabamos de cousas curiosas sobre algunha especie, que antes non sabiamos.

 Aquí, no vídeo que está máis abaixo, deixamos unha mostra dalgúns dos traballos. Esperamos que vos gusten, pois fixémolos con moita ilusión e puxémoslle moitas ganas...

Uxía Villanueva Bermúdez, Joel Moreira Fernández, Antón Javier Freire Barcia
5º B

sábado, 24 de septiembre de 2011

E Así Somos Algúns Dos Nenos e Das Nenas de 5º B

Chámome Aldara, teño 10 anos e estou no Colexio Vilaverde.
Detrás das miñas gafas de cor negro e branco poderedes ver os meus ollos castaños. Gústame levar solto o meu pelo tamén  castaño e sempre teño un sorriso na cara para pasar feliz a vida. Gústame a roupa que está de moda e sempre levo un reloxo azul e un anel de ouro. Os meus pais compráronme un hámster precioso chamado Bollito. Toco o piano e antes ía a ballet. Encántame andar en patíns ou en bicicleta polo centro onde coñezo novos amigos. Cando vou á praia estou todo o día nadando e buceando. Se teño tempo leo, porque me gusta moitísimo...
 
Ola, chámome Antón, teño os ollos de cor marrón escuro e o pelo castaño. Son moreno, delgado e mido aproximadamente 1´40 cm. Gústame ser bromista, facer rir aos demais e que o pasen ben ao meu carón. Xogo ben ao baloncesto e tamén son bo nadador. Gústame ler e ver a televisión, pero o que máis me gusta de todo son os videoxogos...



Ola, chámome Isabel. Teño os ollos marróns e o pelo castaño que case sempre levo solto, con diademas, con moños ou con coletas... Gústame vestirme con vaqueros, mallas, shorts, vestidos e saias. Encántame ir á piscina e xogar cos meus amigos e amigas. Tamén me gusta ir cos meus pais e a miña irmá a montar en bici. Nos meus ratos libres vexo películas, leo e xogo coa miña veciña. E cando vou a Madrid ver a miña familia, adoro ir aos centros comerciais. Tamén me gusta ver ás miñas amigas e coidar das miñas curmás cando vou á casa da miña tía.

Eu chámome Javi e teño o pelo marrón e os ollos castaños. Gústame vestir de chándal e na cabeza sempre levo gomina porque me gusta o pelo de punta. Non me gusta levantarme cedo polas mañás, pero encántame xogar co meu can porque sempre se me agarra coas súas patas á cintura e tamén me lambe a cara... A miña maior afición é o fútbol e tamén o atletismo, pero non me gustan nada nin o ballet nin  a natación. Ah! E sempre intento ter un sorriso na cara para que a xente me vexa alegre...

Aldara Fernández Fernández, Isabel Recarey Benito, Antón Freire Barcia, Javier González Carballo. 
5º B

Iniciamos O Noso Voo

OLA!!!
Somos a clase de 5º B do CEIP Vilaverde Mourente e este é o noso blogue...
Somos “As Aguias De Lume”.
Para elixir este nome primeiro cada persoa da clase deu a súa opinión, realizáronse diferentes propostas,   despois escribímolas no encerado e finalmente fixemos unha votación.
Había diferentes nomes, case todos relacionados com animais... E a nosa escolla, por bastantes votos de diferenza sobre as outras posibilidades foi esta que agora leva o título do noso blogue e que esperamos que a vós, os nosos lectores, tamén vos guste:
 “As Aguias De Lume”

No blogue escribiremos sobre todo o que nos pase na escola, e tamén algunhas experiencias que vivamos fora dela... Tamén aceptamos participacións de persoas que non sexan de quinto... Así que se vos animades… Xa sabedes: Esperamos con moita ilusión as vosas colaboracións…
E feita a presentación… Agora si que xa emprendemos o noso voo… Acompañádenos!!!
Alumnado de 5º B