viernes, 7 de octubre de 2016

Emocións Na Biblioteca

Hoxe venres 7 de outubro á terceira hora baixamos as escaleiras e entramos na biblioteca para repasar algunhas das normas esenciais para o seu funcionamento.
Ao chegar alí a profe Águeda deunos a benvida e tamén nos explicou en que consistía o novo proxecto da biblioteca. Este ano leva por título “Emociónate con nós” que como vos podedes dar de conta xira arredor dos sentimentos.
Sentimentos que neste primeiro trimestre imos poder expresar con emoticonos que a todos nos gustan tanto.
Que divertido vai ser poder crear eses emoticonos cos que poder expresar as nosas emocións!
Todos escoitabamos con moita atención sentados e caladiños. Mais houbo un momento en que puidemos dedicarnos a explorar un pouco pola biblioteca.
Gustounos moito iso de poder coñecer as novas adquisicións. Tamén tomar contacto cos noso libros xa coñecidos.
Rebuscar un pouco polos andeis...
Facernos confidencias respecto ao que atopabamos de interesante...
Unha vez que voltamos á aula de clase a nosa profe púxonos un vídeo onde se reflexaban algunhas das emocións que podemos sentir nalgún momento.
Nunha determinada altura paramos de ver o vídeo e tivemos que adiviñar a súa continuación. E... Sabedes que? Despois de facer varias hipóteses conseguímolo!
Pero claro... iso porque entre todos xuntos todo se fai moito mellor!!!!
 Amelia García García e Lucía Barreiro Lema 6º A
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS  

martes, 4 de octubre de 2016

Na Escola Tamén Aprendemos A Comer

O venres día 30 de setembro asistimos a unha actividade na biblioteca da escola.
Chamábase “Aprendemos a comer” e trataba sobre a dieta mediterránea., considerada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
Baixamos das aulas e na biblioteca estaban 3 rapazas que nos mandaron sentar.
Primeiro comezou a falar Laura que nos explicou as bases da comida mediterránea que resultaron ser o trigo, o aceite e a uva. Todos estivemos moi atentos.
Seguidamente Olga falounos da pirámide alimentaria. Gustounos moito saber que na base estaba o de poder sentarse a comer tranquilamente coa familia.
A continuación dividíronnos por grupos.
Cada grupo representaba unha comida do día e tiñamos que decidir entre os membros do grupo o  menú dese momento. Almorzo, media mañá, comida, merenda e cea.
 E os portavoces de cada grupo tiñan que saír e explicar a proposta escollida.
Polo rabiño do ollo podíamos ver que detrás de nós estaba Noelia preparando uns pratiños. 
Cando nos acercamos puidemos ver que neles había cachiños de queixo, rodelas de tomates cherri, churruscos de pan e aceitunas.
Tamén uns mini-pinchos en forma de espadas de cores. Con eles e os alimentos tiñamos que elaborar unhas brochetas, cada un ao seu gusto.
Por certo que as brochetas vexetais quedaron moi apetitosas!
Houbo ata quen se animou e confeccionou un bocadiño... 
E cando chegou a hora de degustalos.... Ummmm!!!! Que bos estaban!!!!!
E despois... A Bailar!!!! Siiiii.... Iso... A bailar!!! Pois realizamos unha coreografía con movementos que representaban os alimentos da pirámide alimenticia.
Foi moi divertido!!!
E ao saír da biblioteca obsequiáronnos cun diploma a cada un, folletos con información do pan e outros alimentos e un bolígrafo.
Gustounos tanto que estamos á espera de que se repita!!!!
Xermán González Rivas e Amelia García García 6º A 

viernes, 30 de septiembre de 2016

Os Nosos Debuxos Das Plantas Anxiospermas

En Ciencias Naturais como estamos a falar das plantas, deixámosvos os nosos debuxos das Anxiospermas.
A que tedes primeiro é a visión de Rubén. E a que ven agora está realizada por Vicente.
 Que vos parace a de Angélica?
E esta de Álvaro?
Mirade que colorido o debuxo de Nerea S.!
Clicando no enlace de abaixo podedes ver algúns máis!

lunes, 19 de septiembre de 2016

Historia de Pontevedra Arredor Da Praza Do Peirao

E na nosa primeira publicación deste curso deixámosvos unha grabación que fixemos sobre a Historia de Pontevedra arredor da Praza do Peirao.

martes, 13 de septiembre de 2016

Xa Voltamos Á Escola!

Por fin!!! Xa era hora!!! Onte por fin voltamos á escola!!! E puidemos reunirnos todas As Aguias de Lume con moita ledicia!!! Xa somos 6º A!!!
Daniel Rodríguez García e Iván López Rey 6º A

domingo, 26 de junio de 2016

sábado, 25 de junio de 2016

jueves, 23 de junio de 2016

Espallando Maxia No Escenario Con Castelao

O día 21 de xuño foi para nós un día espectacular!
Ás nove e media en puntiño fomos ao salón de actos para facer que a maxia resplandecera sobre o escenario.

Por certo que os nosos compañeiros Daniel e Noelia foron os que se encargaron da presentación do festival e fixérono de maravilla!
As primeiras en actuar foron as nosas grandes actrices Lucía B., Angélica e Sabela.
Elas as tres representaron a peza titulada Imitose.
Unha obra realizada con moito entusiasmo pola súa parte e onde ao final todo o público quedou infectado!
E é que elas contaxiáronnos coa súa vitalidade!
A nosa seguinte actuación foi a escenificación de unha escolma de Cousas da Vida de Castelao, feita pola nosa profe Mary Carmen.
Pasámolo tan ben actuando que ata o mesmo Castelao baixou do ceo para unirse a nós.
E axudarnos con estas Cousas da Vida, da vida de entón, e da vida de agora.
Onde se ve a sabedoría e retranca das mulleres galegas.
Tamén a agudeza dos homes...
A picaresca dos políticos...
A inxenuidade dos nenos...
Persoas ás que lles gusta moito o viño...
A dualidade pobreza, riqueza...
O pago en especies, sobre todo co famoso pernil do porco...
E moitas máis Cousas da Vida.
Que quedarán para sempre na nosa memoria e que levaremos sempre moi preto do corazón por facernos vivir unha experiencia única e inesquecible!!
 Lucía Barreiro Lema, Angélica Badás Cimadevila e Amelia García García 5º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS