
Na escola, nós tivemos que enxuizar ao noso galo Vilaverdiño por todas as falcatruadas que tiña feito ao longo de todo o ano. E, claro, ao final, rematou tamén queimado.
A ti
Vilaverdiño quérote culpar
ninguén
sabe porque
mais é que
xa é Carnaval
e a alguén
temos que queimar.
Vilaverdiño
ti es culpado
por toda a
chuva que cai.
Nós
chegamos á escola mollados
e cos
pantalóns empapados.
Vilaverdiño
querémoste culpar
polo mal
que ti nos fas.
Temos tanto
que traballar
que case
non podemos xogar.
Culpámoste
Vilaverdiño
por mirar
cara a outro
cando a
crise de España
asolaga o
noso estado.
de que o
noso recreo dure tan pouco
e tamén
ímoste queimar
porque de
tantos exames eu xa estoupo.
Vilaverdiño
ti has de ser queimado
porque as
filloas non se dan acabado
e de tanto
facer orellas
xa quedamos
ata as cellas.
polo caso
Urdangarín.
Sempre te
lembras dos ricos
e nada
deixas para min.

Vilaverdiño nós querémoste culpar:
Por ti
temos que traballar
de
maquinistas e outras cousas máis,
xa estamos
fartos e imos rebentar.
Estamos
fartos das filloas
e das
orellas ata a coroa
ponte a
comelas todas
ou
queimámoste xa agora.
Vilaverdiño
a ti ímoste culpar
de Rajoy e
o diñeiro negro dos sobres.
Todo lle
dás ós políticos
E nunca te
lembras dos pobres.
Vilaverdiño
ti és o culpado
porque o
noso ordenador
non dá funcionado.
non dá funcionado.
Está roto,
escacharrado
e case vai estoupar.
e case vai estoupar.
Ve se o
arranxas
antes de te queimar.
antes de te queimar.
Vilaverdiño
querémoste culpar
de que imos
o cole deixar.
Todas as
plumas te imos queimar
para outro
ano máis aquí quedar.
Aldara, Laura, Dalila, Nicolás e Uxía 6º B
Qué chulo quedou o Testamento, pero que pena que fose o último Entroido e o ano que ben xa non o poderemos volver a facelo. Costou, eso sí quedou fantástico.
ResponderEliminar