Aquí estamos As Aguias de Lume para desexarvos un Feliz Ano Novo! Un ano cheo de amor e paz para todos!!! E facémolo deixándovos o vídeo da nosa actuación no Festival de Nadal.
martes, 30 de diciembre de 2014
viernes, 19 de diciembre de 2014
Bo Nadal E Feliz Ano 2015!
E hoxe remataron as actividades do primeiro trimestre.
Xa chegan as tan ansiadas vacacións! E con elas chega O Nadal!
E a porta.
Tamén fixemos
un belén aínda que iso sí... Algo diferente ao tradicional.

Tamén tivemos
tempo para o baile, pois no festival de Nadal interpretamos un tema de Mariah
Carey: All I want for Christmas is You.
E para todos vós, de parte das Aguias de Lume:
Un Bo Nadal! E
feliz 2015!!!!! Bótalle un sorriso ao Mundo!
miércoles, 17 de diciembre de 2014
Probas Para Superar O "Virus Lingüísticus"
O outro día na clase esperamos entusiasmados a que nos chamaran para facer unha xincana lingüística.
Cando chegamos ao ximnasio 3 doutoras explicáronnos que anda por aí un virus moi perigoso e tamén nos dixeron cales eran os síntomas do "virus Lingüísticus".
Tamén nos comentaron que tíñamos que facer unhas probas para ver se estabamos contaxiados. As actividades eran tres. Unha de Mentalidade. Nela había que cruzar unha barreira de persoas sen que nos pillaran e poñer os nomes dos ósos do noso corpo... Costouno moito!!!

Por último a proba de Velocidade. Esta era a máis complicada porque tiñamos cada un un número e se dicían o noso número os nosos compañeiros tiñan que abrir as pernas e nós pasabamos por debaixo e ademáis coller unhas letras para despois formar palabras con elas.
E despois de facer as probas resultou que sí estabamos contaxiados polo que temos que continuar a falar en galego e ademais dicir trabalinguas moi difíciles.
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS
viernes, 12 de diciembre de 2014
Viaxe En Tren A Santiago De Compostela
O día 18 de novembro despertamos moi nerviosos porque tiñamos unha visita a Santiago de Compostela.

Cando chegamos fomos directamente ao Parlamento de Galicia. Alí esperábanos Higinio para ensinarnos todas as instalacións. Primeiro vimos un vídeo e logo fomos á biblioteca e alí explicounos como traballaban os deputados e realizamos un debate como se nós fósemos políticos. Foi divertido!
Despois apareceu Patricia Vilar que é da nosa cidade e que nos acompañou ata O Salón onde se debaten todas as leis galegas. Algúns pudemos sentarnos nos escaños do Goberno Galego.
Ao saír dirixímonos ata a Praza da Quintana e alí merendamos nun entorno fantástico e pacífico. Tiñamos tanta fame!!!
Logo fomos ata a Praza do Obradoiro e entramos na catedral. Todos pensamos que é espectacular, e grandísima!!! Algúns de nós fomos coa nosa profe Mary Carmen abrazar ó Apostolo Santiago. Que emocionante!
E xa tiñamos que voltar a Pontevedra. Pero antes aínda tivemos tempo de parar nun parque. Alí xogamos un montón e botamos fora moita adrenalina!
Ao regresar no tren tivemos algún problema cos asientos e algúns de nós tivemos que sentarnos noutro vagón separados do grupo. Aínda así foi un día divertido e emocionante!!!
Aida Moreda Romero e Pablo Murillo Mateos 6ºBCLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS
martes, 9 de diciembre de 2014
viernes, 5 de diciembre de 2014
jueves, 4 de diciembre de 2014
miércoles, 3 de diciembre de 2014
martes, 2 de diciembre de 2014
viernes, 21 de noviembre de 2014
Día De Regueifa Na Radio
E hoxe na escola tivemos un día intenso. E todo porque viñeron da radio para gravarnos.
E chegou o día. Antes da proba estivemos a practicar un pouco. A nós tocábanos de terceiros e aínda estabamos un pouco tranquilos.
Pero de repente chegou o director a chamarnos para baixar á biblioteca, que era onde se realizaba a gravación, e os nervios xa comezaron a aparecer en algúns de nós. Sobre todo cando esperamos nas escadas.
Na biblioteca esperábanos unha moza moi simpática que foi quen nos gravou, e cando rematamos díxonos que saíra moi ben!
Despois subimos á clase e a nosa profe Mary Carmen gravounos outra vez para publicala regueifa no blogue. E cando acabamos de gravar escoitámola gravación coa profe e pensamos que quedou moi ben.
Alicia Piñeiro Pardo, Sandra Rodríguez Torres e Yerai Loureiro Alonso 6º B
CLICADE AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS
CLICADE AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS
jueves, 20 de noviembre de 2014
O Outono Segundo Sandra
Ola, eu son Sandra e déixovos unha presentación para saber máis cousas do Outono.
CLICADE NA FOTO PARA COMEZAR A VERSandra Rodríguez Torres 6º B
martes, 18 de noviembre de 2014
Adeus Magosto Na Escola!
O venres 14 comezamos o día con choiva, lóstregos e ata houbo pedraza! Nós ao principio pensamos que a festa do magosto íase estropear pero grazas a que temos un patio cuberto puidéronse asar as castañas.
Toda a escola cheiraba tan ben!!!
E de repente decatámonos de que era o noso último magosto na escola e todas as lembranzas, do día do magosto, desde que eramos cativos viñeron á nosa mente.
Despois para facer as actividades fomos ata o pabellón. Foi realmente divertido o xogo do paracaídas. Non queriamos saír de alí!
A continuación subimos á aula e estivemos con actividades do magosto nos ordenadores.
E chegou a hora de tomar as castañas. Fixemos os cucuruchos e alí botamos as castañas para cada un. Había algunhas que estaban moi duras, outras algo queimadas, pero todas estaban moi boas.
Cando xa non esteamos na escola seguro que botaremos de menos estes momentos do magosto e lembraremos as risas que pasamos neste día.

CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO MAGOSTO
viernes, 14 de noviembre de 2014
Actividades Magosto
E nestes días de Magosto aquí vos deixamos unhas actividades para vos entreter.
CLICA NA CASTAÑA PARA COMEZAR:
CLICA NA CASTAÑA PARA COMEZAR:
jueves, 30 de octubre de 2014
O Noso Último Samaín Na Escola
Toda esta semana estivemos a preparar a festa do Samaín.
Comezamos cunha lectura de contos de medo na biblioteca.
E despois, nas clases fixemos diferentes actividades e coa nosa profe Mary Carmen estivemos a realizar manualidades para despois poder adornar a clase, as portas e o corredor con esqueletos, pantasmas, bruxas, cabazas e monstruos.
A verdade que nos gustou moito facelo e todo quedou moi bonito.
E hoxe cando os pequenos pasaban por diante do noso banco cos traballos, todos se paraban e querían xogar coas cabazas e os monstruos.
E tamén hoxe, por fin, celebramos a festa. Moitos de nós viñemos disfrazados e todos estivemos de acordo de que o mellor disfrace era o da nosa profe Mary Carmen. Estaba Guai!
Aquí vos deixamos unhas actividades interactivas sobre o Samaín. Clicade na foto para comezar.
Yerai Loureiro, Daniel Iglesias e Adrián Lagos 6º B
Yerai Loureiro, Daniel Iglesias e Adrián Lagos 6º B
viernes, 24 de octubre de 2014
Viaxe No Tempo: Castro Das Croas E Muíños Do Batán
Por fin onte realizamos a primeira saída deste curso. Marchamos en autobús ata Salcedo pra visitar O Castro das Croas e os Muíños do Batán. Era como un salto no tempo.
Nada máis chegar, como tiñamos que esperar polo monitor aproveitamos para merendar e como por alí hai algús castiñeiros dedicámonos a coller castañas e, claro, algús picáronse cos ourizos que estaban acugulados de castañas. Tamén fixemos unha foto do grupo para inmortalizar o evento.
Tamén atopamos unha píntega pequena toda negra e con puntiños amarelos. Todos queriamos vela e puxémonos ao seu redor... Seguro que a pobre saiu mareada de ver tantos humanos. Cando por fin chegou o guía, que se chamaba Rafa, explicounos a forma que tiñan as casas no Castro, onde era a lareira e sinalounos a zona onde se atoparon máis restos de cerámica. A que non sabiades que onde se atopan é porque alí era o lugar de tirar o lixo da casa?
Tamén nos falou da formidable muralla de case 2 metros e que rodeaba o Castro das Croas, para ser menos accesible para os atacantes.
Gustounos moito cando chegamos aos muíños do Batán e Rafa contounos como funcionaban movidos pola auga do rego que por alí pasa e así poder moer o millo antigamente.
O lugar é moi bonito coa auga a facer cascadas que é o que máis nos gusta. Algúns muíños están reconstruídos e outros non, pero as ruínas tamén nos encantaron.
Despois demos unha volta por medio dun bosque para retornar ao castro,
na entrada do cal vimos este magnífico cruceiro que ten unha rara
inscripción.
Facía moito calor e o camiño estaba algo escorregadizo. Todos estabamos moi suorosos e tiñamos tanta sede que cando chegamos á escola case acabamos coa auga de todas as billas.
Diego Santiago Martínez, Sandra Rodríguez Torres e Nicole Dayana López Andrade 6º B
CLICAR AQUÍ PARA VER A RUTA EN WIKILOC CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)