viernes, 23 de octubre de 2015

As Nosas Persoas Favoritas

O Meu Pai
O meu pai ten a pel clara, o cabelo curto e negro e ollos verdes e pequenos debaixo dunhas cellas ben poboadas.
Gústalle vestir deportivamente e os fines de semana con camisa e xersei de pico. 
Tamén lle gusta moito facer deporte, ler libros e fuchicar no ordenador e no móbil.  
Gústalle  levar pulseiras de coiro, é un obsesionado da orde e da limpeza e encántalle facer receitas de cociña comigo.
Non para nin un momento, só quere andar, andar e andar.
Unha curiosidade do meu pai é que ten unha focha no queixo.
A comida favorita do meu pai son as verduriñas á prancha e o polo ao forno.
O meu pai é o mellor do mundo enteiro!
Noelia Blanco Obelleiro 5º A

A Miña Gran Tía
A miña tía chámase Vanessa.
Ela é moi alta, ten os ollos morenos e a pel clariña.
O seu pelo moreno é moi longo.
Vanessa é  moi simpática, responsable, seria e un pouco esixente.
Gústalle moito, moitísimo saír de paseo e facer deporte.
A súa comida favorita son as patacas con piña que é un prato típico canario. Por iso lle gusta, porque ela é canaria.
A súa peli favorita é “Os intocables” e o seu libro favorito é “O monxe que vendeu o seu Ferrari”.
Lucía Sánchez Guerra 5º A

¿Como É O Meu Amigo Juanjo?
O meu amigo Juanjo ten 10 anos. É de altura media, delgado e con pelo castaño.
Ten o corpo pequeno, pero de pernas longas.
Gústalle moito o fútbol, é forte, divertido e guapo.               
Espero que sigamos sendo amigos porque penso que esa amizade é valiosísima.
Daniel Rodríguez García 5º A

Como É A Miña Amiga Noelia?  
Noelia é unha nena alta, delgada, de pelo medio e louro.
Ten os ollos marróns e un bonito sorriso.
Leva  sempre  unha roupa  moi bonita: saias, vestidos, pantalóns.... e usa calzado  elegante.
Ten unha voz moi  bonita e é moi simpática e expresiva.
Canta, baila, e é moi creativa.
Sempre está mercando e contándome moitas cousas moi bonitas. 
Sen dúbida ela é a amiga perfecta!
Nardos Dueñas Ramallo 5º A


O Meu Irmán
O meu irmán chámase David, Ten 6 anos, o pelo crecho e louro e é baixo e fraco.
Practica kick boxing e gústalle xogar ao fútbol e tamén co móbil.
A David pola contra, non lle gusta ler, e aínda  menos facer os deberes.  Tampouco lle gusta nada ir ao dentista.
El ten un barco de xoguete moi bonito e moitos Lego cos que inventa unhas cousas moi chulas! 
Encántalle facer pinchacarneiros aínda que ás veces levántase co pé esquerdo.
Iván López Rey 5º A

A Miña Nai É...
A miña nai é a mellor do mundo.
É alta e delgada, ten o pelo louro e ollos grandes e de cor castaño.
Tamén é moi boa e graciosa.
Sempre está cun sorriso na cara pois é moi alegre e divertida.
Gústalle moito ir á praia e sempre intenta estar o maior tempo posible comigo e cos meus irmáns.
A min, o que máis me gusta facer coa miña nai é cando estamos as dúas soas e podemos falar dos nosas cousas.
Así é a miña nai!!!!
Lucía Barreiro Lema 5º A

O Meu Padriño
O meu padriño chámase Guiller, ten 36 anos, pelo castaño, ollos azuis, boca grande e dentes brancos.
Vive en Múnic, está casado e aínda non ten fillos.
É alto e forte, ten a pel moi branca e as pernas cheas de pelo. 
Nos seus pés, moi grandes, ten as uñas todas escalazadas porque xoga cos zapatos inadecuados ao fútbol, deporte que lle gusta moito.
Tamén lle gusta xogar cos nenos xa que é moi meniñeiro, disfruta moito xogando con nós!
Brais García Alonso 5º A


 
Descrición de Iara
A miña irmá chámase Iara, ten 5 anos e o seu pelo é marrón e longo.
Eu penso que ela é moi bruta porque se alporiza con facilidade, como por exemplo cando quere o mando da televisión...
Iara naceu o 15 de outubro de 2010 e gústalle moito o baile e as princesas.
A súa cor favorita é o rosa, encántalle o rosa! Ela teno todo, tooooodo rosa.
Brais García Mejuto 5º A


Como é Uxío
Uxío fisicamente é moi alto, ten 10 anos, ollos marróns e pelo rubio.
É moi forte de corazón porque aínda que o insulten, el segue ao seu.
Encántalle xogar aos playmobils e xogar cos curmáns tamén.
El mais eu estamos no mesmo curso e encántalle preguntarme cousas...  Buuuuuuuuf, que pesado!
Pero quéroo moito. Ah! non lle gusta nada ver a tele pero encáaaaantalle xogar ao balonmán.
O MEU CURMÁN É COMA UN IRMÁN PARA MIN! 
 Amelia García García 5ºA

7 comentarios:

  1. NUESTRO DON ES HACER COSAS BONITAS

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. pero hiremos mejorando auque queste mejor imposible

      Eliminar
  2. Todas las redacciones son muy bonitas sobre todo los dibujos

    ResponderEliminar
  3. bien dicho Adrián mencantan los dibujos

    ResponderEliminar
  4. Os seguintes traballos que seran.....

    ResponderEliminar
  5. Brais Garcia Alonso 5 ºA24 de noviembre de 2015, 12:34

    Todas as redacións son moi bonitas adibiñade de quen é a miña redación e dun adriño e ai volo deixo chao.

    ResponderEliminar
  6. Todas son moi bonitas me gustou a de Noelia e a de Lucia

    ResponderEliminar