O meu pai ten a pel clara, o cabelo curto e
negro e ollos verdes e pequenos debaixo dunhas cellas ben poboadas.
Gústalle vestir deportivamente e os fines de
semana con camisa e xersei de pico.
Tamén lle gusta moito facer deporte, ler
libros e fuchicar no ordenador e no móbil.
Gústalle
levar pulseiras de coiro, é un obsesionado da orde e da limpeza e encántalle
facer receitas de cociña comigo.
Non para nin un momento, só quere andar, andar
e andar.
Unha curiosidade do meu pai é que ten unha
focha no queixo.
A comida favorita do meu pai son as verduriñas
á prancha e o polo ao forno.
O meu pai é o mellor do mundo enteiro!
Noelia Blanco Obelleiro 5º A
A Miña Gran Tía
A miña tía chámase Vanessa.
Ela é moi alta, ten os ollos morenos e a pel
clariña.
Vanessa é moi simpática, responsable, seria e un pouco
esixente.
Gústalle moito, moitísimo saír de paseo e
facer deporte.
A súa comida favorita son as patacas con piña
que é un prato típico canario. Por iso lle gusta, porque ela é canaria.
A súa peli favorita é “Os intocables” e o seu
libro favorito é “O monxe que vendeu o seu Ferrari”.
Lucía Sánchez Guerra 5º A
O meu amigo Juanjo ten 10 anos. É de altura
media, delgado e con pelo castaño.
Ten o corpo pequeno, pero de pernas longas.
Gústalle moito o fútbol, é forte, divertido e
guapo.
Espero que sigamos sendo amigos porque penso
que esa amizade é valiosísima.
Daniel Rodríguez García 5º A
Como É A Miña Amiga Noelia?
Noelia é unha nena alta, delgada, de pelo medio
e louro.
Ten os ollos marróns e un bonito sorriso.
Leva
sempre unha roupa moi bonita: saias, vestidos, pantalóns.... e usa
calzado elegante.
Ten unha voz moi bonita e é moi simpática e expresiva.
Canta, baila, e é moi creativa.
Sempre está mercando e contándome moitas cousas
moi bonitas.
Sen dúbida ela é a amiga perfecta!
Nardos Dueñas Ramallo 5º A
O Meu Irmán
O meu irmán chámase David, Ten 6 anos, o pelo
crecho e louro e é baixo e fraco.
A David pola contra, non lle gusta ler, e aínda menos facer os deberes. Tampouco lle gusta nada ir ao dentista.
El ten un barco de xoguete moi bonito e moitos Lego cos que inventa unhas cousas moi chulas!
Encántalle facer pinchacarneiros aínda que ás
veces levántase co pé esquerdo.
Iván López Rey 5º A
A Miña Nai É...
É alta e delgada, ten o pelo louro e ollos
grandes e de cor castaño.
Tamén é moi boa e graciosa.
Sempre está cun sorriso na cara pois é moi
alegre e divertida.
Gústalle moito ir á praia e sempre intenta
estar o maior tempo posible comigo e cos meus irmáns.
A min, o que máis me gusta facer coa miña nai
é cando estamos as dúas soas e podemos falar dos nosas cousas.
Así é a miña nai!!!!
O Meu Padriño
O meu padriño chámase Guiller, ten 36 anos,
pelo castaño, ollos azuis, boca grande e dentes brancos.
Vive en Múnic, está casado e aínda non ten
fillos.
É alto e forte, ten a pel moi branca e as
pernas cheas de pelo.
Nos seus pés, moi grandes, ten as uñas todas escalazadas
porque xoga cos zapatos inadecuados ao fútbol, deporte que lle gusta moito.
Tamén lle gusta xogar cos nenos xa que é moi meniñeiro,
disfruta moito xogando con nós!
Brais García Alonso 5º A
A miña irmá chámase Iara, ten 5 anos e o seu pelo
é marrón e longo.
Eu penso que ela é moi bruta porque se
alporiza con facilidade, como por exemplo cando quere o mando da televisión...
Iara naceu o 15 de outubro de 2010 e gústalle
moito o baile e as princesas.
A súa cor favorita é o rosa, encántalle o rosa!
Ela teno todo, tooooodo rosa.
Brais García Mejuto 5º A
Como é Uxío
Uxío fisicamente é moi alto, ten 10 anos, ollos
marróns e pelo rubio.
É moi forte de corazón porque aínda que o
insulten, el segue ao seu.
Encántalle xogar aos playmobils e xogar cos
curmáns tamén.
El mais eu estamos no mesmo curso e encántalle
preguntarme cousas... Buuuuuuuuf, que
pesado!
Pero quéroo moito. Ah! non lle gusta nada ver a
tele pero encáaaaantalle xogar ao balonmán.
O MEU CURMÁN É COMA UN IRMÁN PARA MIN!
NUESTRO DON ES HACER COSAS BONITAS
ResponderEliminarpero hiremos mejorando auque queste mejor imposible
EliminarTodas las redacciones son muy bonitas sobre todo los dibujos
ResponderEliminarbien dicho Adrián mencantan los dibujos
ResponderEliminarOs seguintes traballos que seran.....
ResponderEliminarTodas as redacións son moi bonitas adibiñade de quen é a miña redación e dun adriño e ai volo deixo chao.
ResponderEliminarTodas son moi bonitas me gustou a de Noelia e a de Lucia
ResponderEliminar