jueves, 10 de marzo de 2016

Ópera Guillermo Tell

O mércores 2 de marzo fomos ata o Pazo de Congresos para ver unha representación da Ópera Guillermo Tell.
Saímos da escola unha mañá chuviosa. Cando chegamos ao Pazo alí había xa rapaces e rapazas doutras escola e despois aínda chegaron máis.
A representación gustounos moito e pareceunos graciosa e divertida á par que interesante.
O que nos encantou foi que con poucos actores ían representando varios papeis cambiando algunha peza do seu vestiario.
Tamén había algúns personaxes de cartón como o bufón, algúns soldados, os animais do mercado...
O escenario cambiaba constantemente formando o decorado con 3 estruturas de madeira que se artellaban de tal xeito que conseguían formar o necesario para cada escena.
      Había moi pouca iluminación para ambientar a obra e gustáronnos os diferentes xogos de luces.
Tamén resaltar que a música era en directo e cada instrumento tiña unha parte da obra na que destacaba máis. Nin que dicir ten que tamén cantaron moi ben!
Os actores e cantantes eran moi bos e a historia da ópera era moi entretida! Estaba interpretada en plan humorístico e nalgunhas ocasións conseguiron facernos rir.
E hai que ver que ben nos fixeron ver o lanzamento da frecha e a súa viaxe ata a mazá na cabeza do rapaz!
En resumo: Que nos gustou moito e non dubidaríamos en voltar outra vez!!!
 Ao sair xa non chovía e non tivemos que abrir o paraugas.
 A Ponte Dos Tirantes foi testemuña da nosa primeira audición dunha ópera.
 E ésta é a visión da obra desde o punto de vista de Amelia:
Xermán González Rivas, Mario Gómez Miranda e Álvaro Durán Cortegoso 5º A

9 comentarios:

  1. Encantoume también os efectos como utilizabao o escenario e os musicos estar tocando tanto tiempo.

    ResponderEliminar
  2. Eo debuxo tamen moy bonito

    ResponderEliminar
  3. Hola el dibujo esta muy bien.
    Según lo que parece la obra estuvo muy bien

    ResponderEliminar
  4. Lucia Barreiro 5ºA29 de marzo de 2016, 16:56

    Encantoume era moi interesante e estaba expresado dunha forma moi bonita e orixinal encantoume!!!

    ResponderEliminar
  5. eu pensaba que iba a ser moi aburrida pero al final, quedou moi bonita e educativa, ¡e, ademáis foi a primeira opera que vin¡

    ResponderEliminar
  6. A parte que mais me gustou foi cando lanzaban a frecha e logo repetían o tempo.

    ResponderEliminar
  7. A min dariame bastante vergoña actuar cos nenos de moitos colexios e sobre todo diante dos de 5ºA de vidal portela porque como somos tan faladores...¡jaaaaaajaaa¡

    ResponderEliminar
  8. gustoume moito o efecto do plástico asemellandose o mar.

    ResponderEliminar
  9. Tamen fixome moita graza cando Hitler destruia o pobo e logo o galo non tenia o cuello.

    ResponderEliminar