jueves, 3 de marzo de 2016

A Emotiva Visita Á Cruz Vermella

Un mércores do mes de febreiro fomos ata o Centro de Maiores da Cruz Vermella.
Todos fomos alá con moita ilusión.
Ao chegar puxémonos por parellas de rapaces cun par de persoas maiores.
Dividíronnos en dúas salas diferentes, nunha delas, nas mesas había xogos diferentes.
Na outra sala xogabamos todos en conxunto e individualmente a respostar por quendas, as preguntas que nos ían facendo.
 A verdade é que aínda respondemos bastante ben a todas as cuestións.
Os xogos eran amenos e podías facer quebracabezas con pezas de plástico ou madeira...
Ou quebracabezas para compoñer unha figura.
Ou conseguir casar 2 partes dunha cara.
Saber canto nos ía custar a compra para facer o menú do día.
Insertar pezas en arames...
Completar parellas de cartas.
Ás veces estabamos nunha sala e cando acababamos por exemplo o xogo que estabamos a facer cambiabamos para a outra sala.
A algúns tocounos pescudar o nome de diferentes animais, adiviñas, pasapalabras, etc.
 Todos estabamos moi atentos e non queriamos perder cando nos tocaba a nosa quenda.
As persoas maiores estaban moi contentos de nos ter alí e querían que á nosa profe Mary Carmen profe lles tirase fotografías.
E nós estabamos moi emocionados. Foi unha das saídas que máis nos gustou.
Ao saír ofrecéronnos unha bolsiña a cada un como agasallo.
E alá marchamos todos contentos para a escola.
Dentro tiñamos caramelos, que axiña degustamos e tamén globos que logo comezamos a inflar.
¡Pasámolo moi ben!!!
Este é o debuxo que fixo Lucía despois da visita.
Lucía Sánchez Guerra, Nardos Dueñas Ramallo e Sabela Lorenzo Figueroa. 5º A
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DA VISITA 

5 comentarios:

  1. En cantoume ir ali e pasar un rato cos señores maiores ¡quero volver ali!.

    ResponderEliminar
  2. Recibiron nos xenial cos brazos abertose eran moy amables con nos e os xogos e ran dibertidisimos e non nos fumos coas mans cerradas si no que tamen nos deron uns agasallos.

    ResponderEliminar
  3. E verdade que foi moi divertido e mais que os xogos era moi variados ha min me encantou.
    Espero que te mellores da túa operación Ivan des de aquí un bico.
    ÁLvaro5º

    ResponderEliminar
  4. Encantoume ir alí, o xogo do pasapalabra estuvo moi divertido e estar cos maiores,tamén os globos e as chuches,pero o malo e que se explotaron enseguida¡

    ResponderEliminar
  5. Lucia Barreiro 5ºA4 de marzo de 2016, 16:09

    Foi unha esperiencia única, o pasamos xenial e hicimos moitos xogos divertidísimos

    ResponderEliminar