lunes, 7 de marzo de 2016

Visita Ao Futuro Do Galego No Pabellón

Esta actividade que realizamos no pabellón foi moi bonita e misteriosa.
Chegamos alí e xa fomos recibidos por un personaxe que chegaba do futuro. O seu aspecto así nolo dicía.
Xa na pista distribuímonos en dous equipos e cada un estaba sentado nunha alfombra vermella...
... ou nunha azul segundo o equipo no que te puxera o personaxe do futuro.
E xa demos comezo ás actividades. A primeira proba tiña por título "A ponte da sabiduría".
Tiñamos que percorrela e ao final da ponte había uns paneis cuns avós que tiñan ao seu redor cantigas para xogar á corda, para botar a sortes, refráns, frases feitas, ...
Todo estaba desorganizado, entón pasabamos outra ponte e chegabamos diante doutro taboleiro en donde tiñamos que organizalo e poñer todas as cantigas xa clasificadas.
Cando acabamos voltamos a sentar na alfombra para comprobar se o fixeramos ben ou mal. Tamén fomos atopando pistas para resolver un enigma ao final de todas as probas. Neste caso era o número 4.
A segunda proba consistía en memorizar os ingredientes dunha receita típica galega.
Logo tiñamos que ir ata o Mercado de Abastos e mercar todo o necesario para levala a cabo. Para axudarnos na compra tiñamos unha cesta na que ir metendo os alimentos que tiñamos mercado. E aquí a pista era o número 8.
Na terceira proba formamos unha cadea humana. Unha persoa da cadea escoitaba un refrán e o resto tiñamos que ilo pasando de boca en boca, ou mellor de orella en orella, ata Amelia que tiña que escribir o que lle dixera a última persoa da cadea que era Xermán.
E foi aquí que nos decatamos de que iso de orella a orella, o díxome-díxome, ás veces non funciona moi ben... Porque os refráns non chegaron todos coas mesmas palabras recollidas na gravación.
Aquí tamén había unha pista que era o número 3. Con esas pistas todas, despois de varios intentos, conseguimos abrir un maletín que nos daría a clave para conservar mellor a nosa lingua.
E sabedes o que había no maletín??? Pois... un ESPELLO!!!
O que quere dicir que o futuro da nosa lingua depende de cada un de nós. Todos temos que falar en galego e así a nosa lingua nunca morrerá!!!
Ah! Nin que dicir ten que o pasamos estupendamente ben!!!!!!
Angélica Badás Cimadevila, Noelia Blanco Obelleiro e Marcos Enrique Jiménez Alonso 5º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA ACTIVIDADE

6 comentarios:

  1. Encantoume a actividade a prendin cousas de que hay que utilizar o cerebor e que hai que estar coas maquina o menos tempo posible.

    ResponderEliminar
  2. Lucia Barreiro 5ºA15 de marzo de 2016, 21:18

    foi unha actividade moi divertida e coa que se aprende moito, o pasamos xenial!!!

    ResponderEliminar
  3. partinme da risa cos poemas que había que escribir, foi o mais divertido ¡jeje¡

    ResponderEliminar
  4. Daniel rodriguez na ultima foto saiu graciosísimo, e cos ollos cerrados, ¡jaja¡

    ResponderEliminar
  5. Aunque en realidade todos saimos graciosísimos nas fotos, ¡ a ensinar as linguas e as orellas todos¡

    ResponderEliminar
  6. E una pena que non me aprenderá todas as receitas, porque así estaria comendo un bo polvo a feira, e as demais receitas ¡

    ResponderEliminar