Ola! Somos Brais, Iván e Álvaro e queremos
contarvos que hoxe todos os alumnos da escola participamos nunha cadea humana
contra a violencia machista.
Primeiro os máis pequenos da escola foron rodeándoa pola parte de fóra.
Os demais continuamos e ocupamos
toda a rúa da Cruz Vermella.
Alí a cadea continuaba con outra escola, e nós
os de 6º A fomos os eslavóns onde se unía
a cadea. Nós, Álvaro e Brais eramos os dous primeiros elos no lugar de unión da
cadea!
Foi moi divertido! A cadea era moi longa e
chegaba ata o centro de Pontevedra onde se bifurcaba por máis e máis rúas.
Durante a formación da cadea humana non
estivemos calados.
E houbo momentos que nos puxemos a cantar e a movernos, así pasamos
un momento moi emocionante!
Tamén gritamos: non á violencia de xénero!
Foi fantástico!
Ah! E despois chegamos de volta á escola e aínda
tivemos o tempo de recreo! Xenial!
Vedes que bonita está esta árbore do patio vestida das cores de outono?
Pero o mellor é cando xogamos e nos divertimos todos xuntos!
Álvaro Durán Cortegoso, Brais García Mejuto e
Iván López Rey 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA CADEA
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA CADEA
Que ven o pasamos!
ResponderEliminar¡Non a violencia de xénero!
ResponderEliminarFoi xenial
ResponderEliminarFoi xenial
ResponderEliminarFoi xenial, quedamos afónicos despois desa!!
ResponderEliminar