Ola, somos Mario e Brais e hoxe imos contarvos
a nosa experiencia coas abellas e o mel.
Primeiramente visitamos unha exposición que
había na biblioteca sobre obxectos que se utilizan na profesión de apicultor.
Así observamos o afumador que serve para
simular un incendio. Así as abellas séntense en perigo e queren fuxir. Comen moito mel para ter
reservas polo camiño, enchen o abdome e así non lle poden picar ao apicultor porque non
poden dobrar o abdome para pinchar o aguillón.
Vimos os cadros coas colmeas onde viven as
abellas e se almacena o mel.
Gustáronnos as colmeas antigas con cortiza de
sobreira.
E tamén miramos un niño de abellas.
Todo isto foi emocionante e sorprendente, pero
aquí non remata todo. Pois máis tarde no salón de actos descubrimos
novas experiencias.
Alí nos estaba esperando Emilio, un apicultor amigo da nosa profe Mary Carmen
que nos foi explicando paso a paso o proceso do mel e a súa elaboración.
Gustounos ver como usaba o espectacular coitelo
de sopercular.
Era Fantástico!
Que ben o pasamos cando puidemos ver como se extraía o mel!!!
Emilio tamén nos deu a probar unha mostra de mel recén
sacada no extractor e que todos vimos alí mesmiño.
E sobre todo encantounos o mel!!
E así, ademais de marchar para a clase cun bo
recordo, tamén saímos todos coa barriga chea!!!
Moitas grazas, Emilio, pola túa paciencia, o mel e o teu ben facer!!!
Brais García Alonso e Mario Gómez 6º A
Que ben o pasamoss
ResponderEliminarAinda recirdo o dulcísimo que era o sabor do mel
Angelica Badás
ResponderEliminarEstaba deliciosa omel quecomimos, quero volver a probala.
O mel estaba de rechupete¡
ResponderEliminar