lunes, 14 de noviembre de 2016

Vivimos O Noso Último Magosto Na Escola

No día 11 de novembro celebramos o que sería o noso último magosto na escola.
E foi moi especial. Ata baixamos un cuarto de hora antes ao recreo. E aproveitamos para ver como se ían asando as castañas.
A continuación tocounos disfrutar dos xogos.
O primeiro xogo no que participamos foi a comba. E resulta que alí descubrimos o talento que tiñamos todos, incluíndo a profe Mary Carmen, saltando á corda.
Despois fomos xogar ao pano coa profe Mela. Non soubemos quen gañou porque non nos deu tempo a rematar o xogo.
A continuación achegámonos ata o pavillón para realizar dous xogos moi divertidos co profe Pablo. Por último xogamos aos bolos coa profe Puri, e Álvaro e algúns máis fixeron pleno!!!
E chegou o momento de papar as castañas! Algo que esperabamos ansiosos.
Unha caixa chea de castañas! Zampamos ata non poder máis!
Que ben o pasamos!
E por certo: que boas estaban as castañas!
Algunhas con algún que outro verme... O que non mata engorda!
 Lucía Barreiro, Amelia García, Álvaro Durán Cortegoso e Xermán González 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO MAGOSTO

1 comentario:

  1. Un magosto para recordar o ultimo magosto na escola.Paseino xenial. As castañas boisimas. Encantaronme todos os xogos espera que a Nosa profe Mary Carmen pasarano tan bien coma nos.

    ResponderEliminar