O venres 17 de febreiro estivemos a celebrar... O Entroido!!!
Ao chegar á escola a maioría de nós xa viñamos vestidos, pintados e peiteados de Santa Compaña/Zombies!!!
Algúns tiveron que arranxar algo a súa maquillaxe, e outros, como Dalila, pintáronse e peiteáronse na clase, coa axuda da profe Mary Carmen e de moitos de nós que tamén axudamos...
Algúns tiveron que arranxar algo a súa maquillaxe, e outros, como Dalila, pintáronse e peiteáronse na clase, coa axuda da profe Mary Carmen e de moitos de nós que tamén axudamos...
Estabamos espeluznantes, e os máis pequenos escapaban de nós...
Ás 11 da mañá comezamos a baixar ao patio, onde tería lugar o desfile.
Este ano o entroido trataba das supersticións, por iso, o alumnado de E. Infantil ía disfrazado de brux@s, os de primeiro de trebos de catro follas, os de segundo de espellos rotos, os de terceiro das doce uvas da sorte, cuarto curso de voda ibicenca, nós, os de quinto, de Santa Compaña/Zombies e os de sexto de saleiros...
E seguro que lembrades a de sexto: "Soy una taza, una tetera, una cuchara y un cucharón, un plato hondo, un plato llano, un cuchillito y un tenedor. Soy un salero, azucarero, la batidora y la olla exprés. Chu, chuuuuu...!!!"
Ao rematar o desfile, fixémoslle o xuízo ao noso Galo Vilaverdiño, e como resultou condenado, nós os de quinto lemos as súas últimas vontades...
Deseguida deu comezou a venda de filloas, orellas, biscoitos, auga e refrescos para recadar fondos para a excursión de sexto.
Despois cantáronse as ladaíñas e o noso galo foi conducido en procesión ata o lugar onde se procedeu a queimalo... E que saibades, que o noso querido galo Vilaverdiño, morreu queimado un ano máis pola culpa de Anxo... Siiiii......... O noso Anxo, que foi quen lle prendeu lume...
Disfrutamos moito nesta festa... Mereceu a pena, o traballo que pasaron pais, nais e o profesorado axudando a facer os disfraces... Quedaron xenial!!!
Isabel Recarey Benito e Aldara Fernández Fernández 5º B
O galo esta mas bonito do que pensaba espero que se aga asi otro ano
ResponderEliminarQue pena nos non puidemos facer as plumas do galo. Pero aun asi quedou moi chulo.
ResponderEliminarQue simpáticos iban os de 1º iban de trebos!!!!
ResponderEliminarA todos os nen@s que vestían de Santa Compaña/zombies: Estabamos espeluznantes!!!
ResponderEliminarSemellabamos actores dunha película de terror. Ahaaa!!!
Volveré a escribiiir!!!
A verdade e que todos íamos moi guapos e a queima do galo foi preciosa.
ResponderEliminarEu non me quedei a ver a queima do galo pero... ¡¡¡SEGURO QUE FOI XENIAL!!!
ResponderEliminarPor certo ¿Anxo queimou o galo? ¡¡Que sorte Anxo!!! O galo ten que estar moi cabreado contigo ¿eehhh? jajajajajajaja
Dende o noso blog desexobos a todos... ¡¡¡¡¡FELIZ ENTROIDOOOOOOOO!!!!!