viernes, 10 de febrero de 2012

Soños, Anhelos E Desexos

Un Desexo Inacabado
Unha tarde ía de paseo coa miña nai e vin unha señora cun colar moi bonito feito de ámbar. A min gustoume moito e íalle preguntar onde o mercou, cando de repente un armiño pasou con moito sixilo.
Seguino ata un frondoso bosque de carballos, pero corría tanto que non o dei atrapado. Era tarde e xa tiña sede, entón topei cun manancial de auga con moita transparencia e alí quedei a descansar.
 Pensei permanecer alí toda a noite pero iso era toda unha utopía...
O meu anhelo quedou sen cumprir. Marchei para a miña casa, desexando boa ventura para aquel sublime animaliño...
Nicolás Regueira Piquenque 5º B

O Tempo Cura Todo
Estaba un canciño mirando pola ventá, cando xurdiu do bosque frondoso que lindaba coa cidade, un armiño de ollos ámbar que se acercou con sixilo ata onde estaba a verxa e mirou ó can.
O canciño anhelou a liberdade do armiño, e lembrouse dos paseos polo bosque ata un manancial preto de alí, onde xogaba co seu amigo. A ámbolos dous gustáballes a transparencia das augas  onde case sempre se zambullían.

Un día, un esquío cruzou unha estrada con moito tráfico, e o canciño nun acto de sublime heroicidade foi correndo ata o esquío e colleuno para sacalo dese perigo. Nese intre, a mala ventura fixo que un coche o golpeara e quedou inmóbil no chan. Cando se despertou, atopouse entre catro paredes, cunha ventá que daba ó bosque frondoso de onde viña o armiño cada día para visitalo, e así manter viva nel a lembranza daqueles días. Coa axuda do armiño, esa utopía faríase realidade e voltarían disfrutar dos paseos polo bosque.
Aldara Fernández Fdez 5º B

O Armiño E A Cova De Ámbar
Antonte tiven un soño. Soñaba que me adentraba nun frondoso bosque. Durante un tempo camiñaba perdido co corazón na gorxa, cando por ventura encontrei un armiño.
Xa que se atopaba só decidín seguilo con moito sixilo.
Por un intre custoume, e ata cheguei a perdelo, pero finalmente atopeino na entrada dunha cova.
Despois de dudalo adentreime nela. O armiño desapareceu pero... As sorpresas só estaban a comezar...
As paredes da cova estaban cubertas de ámbar, ouro e pedras preciosas... E do medio da cova brotaba un manancial cuxa auga tiña a transparencia do ar...

Era unha imaxe sublime que levaba á evasión total...
Xusto nese mesmo intre sentín que me despertaba...
Levanteime do leito co anhelo de retomar ese soño, sabendo da utopía que sería que esa historia puidese acontecer na realidade...
Joel Moreira Fernández 5º B


Soños
Anhelo os longos días, os paseos polo frondoso bosque ata chegar ao gran manancial onde a transparencia da súa agua faga que desexe mollarme e xogar nel...

Con sixilo espero o sublime cor ámbar do solpor, cando o armiño vai calmar a súa sede...
A evasión nos meus soños son unha utopía na ventura do próximo verán....
Carmen Iglesias Limeres 5º B


Excursión Polo Bosque
Un día de verán unha nena chamada Marta foi cos seus pais e co seu irmán Pablo ao bosque. Pablo tiña moitas gañas de ir, porque alí ás veces encontraba o seu animal preferido, o armiño. Só o podían ollar desde lonxe, cos prismáticos porque era carnívoro e moi escurridizo...
Cando chegaron ao bosque, ao baixar do coche foron andando ata o manancial onde había unha auga coa transparencia dun cristal.
Alí encontrábase unha frondosa árbore. Debaixo dela sempre encontraban ámbar. Marta tiña un anhelo que era subir á árbore máis alta e desde alí poder ver os países lonxanos... Pero ela sabía que iso era unha utopía, un pensamento irrealizable, unha evasión dos sentidos... De súpeto escoitaron un ruído estraño, que non conseguían distinguir... Con moito sixilo, deron media volta hacia o coche. Por ventura era un armiño, o que tanto desexaban ver... Dunha cor branca tan sublime, que quedaron deslumbrados e deseguido botaron a correr... Chegaron ao coche, subiron rápido e marcharon para a casa... Foi un día moi divertido para Pablo.
Laura García García 5º B
A Viaxe
O meu anhelo é viaxar a Francia . Unha vez fun a Francia e pareceume sublime. Dentro da Torre Eiffel  atopei un armiño de cor ámbar . Non entendía que houbera un animal así alí dentro. O armiño camiñaba cara a min moi sixiloso.

Tentei evadirme do que estaba acontecendo. De súpeto naceron árbores frondosas e un enorme manancial, así porque sí...

Empecei a escoitar ruídos e despois volveuse todo branco. Non podía ver nada, era como unha néboa...
Uns minutos máis tarde púxenme a durmir...
E nos meus soños aí estaba aínda a torre Eiffel e tamén o bosque e o manancial....
E cando espertei estaba na cama e dinme de conta de que todo fora un soño...
Pero aínda sigo coas gañas de ir a Francia...
Jorge Iglesias Acuña 5º B
Tamén vos deixamos unha música suave, tranquila que relaxa e sabemos que vos gusta moito... "Son Do Ar" de Luar Na Lubre
 VER E ESCOITAR AQUÍ SON DO AR
 

11 comentarios:

  1. Estas imaxes parecen de verdade.

    ResponderEliminar
  2. As imaxes das redacións parecen pintadas de pintores profesionais.

    ResponderEliminar
  3. Que divertidos os gisf , desde logo somos uns artistas.

    ResponderEliminar
  4. Para a miña redación busquei un gif de desexos. Tardei moito tempo pero ao final topei cun manantial reflexándose a Lúa. Cando a nosa profe Mary Carmen publicou as redacións ensineille a miña nai o gif no blogue, encantoulle e díxome:
    -¡Qué chulo quedó, al final sirvió para algo buscar!

    ResponderEliminar
  5. En la redacion de Jorge aparece una cascada, elegida por Aldara, que me gusta muchísimo por que entra en la selva para dentro...

    ResponderEliminar
  6. Me gustó mucho hacer la redacción,y cuando le dije a mi madre que estaba en el blog se puso muy contenta y se entusiasmó al verlo.;)

    ResponderEliminar
  7. Gústanme todas as redacións pero se teño que elexir uncha quedo coa de Nicolás porque é moi bonito e me encanta ver reflexada a lúa na auga e coa lúa ó redor de árbores.

    ResponderEliminar
  8. El guif animado de la redacción de Carmen, elegido también por Aldara, me pareció especialmente bonito por que hay mucha naturaleza.

    ResponderEliminar
  9. Encántame como quedaron as redacións, e os gifts costaron moito traballo buscalos, pero agora que os vexo no blog creo que mereceu a pena. Están preciosos!!!
    Aburiño!!!

    ResponderEliminar
  10. ¡¡¡Que chula a entrada no blog, con esa maravillosa lúa reflexada na auga!!!
    ¿¿¿Aldara onde encontrastes os gifs, e ti Nicolás???
    Cando lín as redaccións algunhas eran tan bonitas que non teño palabras para describilas, claro que coa maravillosa profe que temos non a decepcionariamos, porque ela di que somos estupendos en todo como nas redaccións, nos debuxos..., e nos pensamos o mesmo de ela, e xa digo que os gifs están preciosos.
    Saúdos de Isabel.

    ResponderEliminar
  11. Todo e precioso.As historias son moi creativas e os gifts impresionantes

    ResponderEliminar