Pero antes de que Anxo lle plantara lume deixounos as súas últimas vontades... Aínda foi xeneroso connosco... Non nos podemos queixar...
E neste día tan soleado
en que me ides queimar
aquí será nomeado
todo o que vos quero doar:
Xa que me ides queimar,
o meu corazón vos quero deixar,
para que non morra de todo
e poida correr por un val.
Aos rapaces de 5º B,
déixolles a miña gomina,
e que se peiteen coma galos,
para o resto da súa vida.
Á vosa profe Mary Carmen,
déixolle as miñas ás,
e cando a paciencia se lle acabe,
as use para no ceo voar.
Ao alumnado de 5º B
déixolles os meus ordenadores,
para que poidan desfrutar
con eles todos os xoves.
Ao profe Suso,
regálolle un parafuso,
para que poida arreglar,
o quentador global.
Aos alumnos de 5º B,
tamén lles quero deixar,
para poder debuxar.
Á profe de 5º B
déixolle o meu peteiro,
e así, cada mañá,
terá un bo despertar.
E antes de me queimar,
tamén vos vou regalar
todas as miñas pertenzas,
para que xoguedes e fagades festa.
Aos nenos de 3 anos,
como acaban de empezar,
déixolles as miñas patas,
para nos bambáns gabear.
Ao profesor Victoriano,
déixolle un xarrón de flores
para pintar moitos cadros,
que sexan de miles de cores.
E ás rapazas de 5º B,
tamén lles paso a deixar,
a miña bonita voz,
para no coro cantar.
Querería ofrecer moitas máis cousas,
pero vou deixar unha mapoula,
que me ofreceu miña nai,
cando empecei a cacarexar.
E finalmente déixovos a todos,
a miña alma, de corazón,
que contén moitos máis agasallos,
feitos con moita ilusión.
creo que o galo e mais bonito sen quemar
ResponderEliminarjajajaja!]
¡Es espeluznante! Ya llevo quemando gallos dos años seguidos y también casi me quemo un poquito a mí mismo al encender a Vilaverdiño.Pero me gustó la esperiencia y para el año a ver si me eligen otra vez.
ResponderEliminarOutro ano Vilaverdiño foi quemado por Anxo. ¡Que pena! Pobrecito, a ver se o próximo ano lle dará tempo a vivir un pouco máis de días.
ResponderEliminarA queima do galo Vilaverdiño resultou ben. Pobre galo, primeiro tiña as súas brillantes ás e despois tiña o seu corpo negro como o ébano.
ResponderEliminarAnxo que potra tes xa é o segundo ano que o queimas...Tesme que contar como o fas para poder queimalo, contasmo???
ResponderEliminar