Unha Noite En Vela

pola noite,
sen sono,
imaxino lóstregos estralar
e vagalumes alumear.
¡Deus Morfeo,
ven por min,
líbrame destes soños
para durmir por fin!
Oio as doce badaladas
no convento de Santa Clara.
As horas arrastradas
esperando que chegue a alba.
Un sopor estame entrando.
Ó fin poderei durmir.
Os grilos están cantando,
xa non os vou sentir!
Aldara Fernández Fernández 5º B
Paxariño
Paxariño,
lévame contigo!
Eu quero sobrevoar
un pequeno solpor
e por un arco da vella camiñar.
Quero saber construír
un pequeno niño de palla,
e alí durmir mirando a Lúa
e espertar mirando o Sol.
Quero percorrer
lagoas e ríos sen mollarme
e pola noite escoitar
o bruar do vento
cantar sen parar.
Sara Mirón Caldas 5º B
As Estrelas

-Estreliña, ti es moi bonita!
Eu véxote pasar
andando polas nubes.
Sinto que estás comigo
e eu non me rindo.
Outra noite
te verei.
Eu sei que sempre estarás alí.
Non me desesperarei.
Eu sempre te verei.
Quero facer unha viaxe
a onde estades vós, as estrelas,
e así poder abrazarte.
Eu sinto que algún día terás que marchar
e entón, un adeus,
direiche eu!
Dalila Eva García García 5º B

Hoxe non podo ver
a chuvia que onte caiu.
Rozaba a miña cara
como o vagalume á luz.
As nubes choran,
o vento sopra
e a luz da Lúa namora
cal doce vento.
O colibrí loita co aire,
a mapoula coa noite
e eu, vou despedirme
loitando coa auga do mar.
Aarón Loira García 5º B
As Nais

Tódolos días
axúdannos en todo
e sempre están
cando as necesitamos.
Aínda que algunhas veces
non nos gustan
algunhas cousas
como cando nos berran.
Cando están contentas dannos abrazos
e cando están enfarrucadas castígannos.
Pero sempre nos queren
e iso é o que nos gusta delas.
Son as mellores!!!!
Jorge Iglesias Acuña 5º B
O Refuxio Da Andoriña
Na alborada do sol

buscando o seu refuxio
con moito artiluxio.
Todos os días
sen descanso o encontrou.
Mentres eu, alí, a miraba
ela a súa casa preparaba.
Un compañeiro encontrou
e con entusiasmo
unha bonita familia creou.
Laura García García 5º B
Así É Galicia
Este ano Galicia está moi triste
porque as nubes non choran.

O sol brila máis que sempre,
e o noso satélite, a Lúa,
ten medo de que a mollen.
As estrelas, con medo,
queren saír. Pero non poden.
Por iso están tristes.
Galicia alegrouse
porque por fin choveu
e aínda que non queiramos
gústanos igual
porque sempre
fai un tempo espectacular!
Isabel Recarey Benito 5º B

As Nubes Choran
As nubes choran,
por iso chove.
Están moi tristes
porque a Lúa non voa.
Elas chámana:
-¡Lúa, Lúa, ven aquí!
A Lúa non escoita...
Xa non quere saír por aí...
Xa está moi velliña,
a pobriña!
Helena Pascual Tajes 5º B
A Vida

Ti cruzas o camiño
sen pensalo...
Pero ti podes crear
o teu camiño.
Non te cingas á realidade...
A vida é difícil...
Pero a imaxinación axudarache a vivila.
Axúdate
dos demais
e axúdate de ti mesmo.
Aínda que as cousas
se poñan difíciles
xuntos, serán diferentes.
Uxía Villanueva Bermúdez 5º B

Galicia
Galicia é o noso corazón
Que nos fai rir e chorar...
E tamén é ledicia e ilusión
que sempre nos fai soñar.
Uxío Tobío Juan 5º B
E aquí vos deixamos un vídeo coas poesías, lindas imaxes e bonita música. Este vídeo aínda foi traballoso de elaborar. Esperamos que vos guste pois ideámolo con moita ilusión e esforzo... Pensamos que merece a pena... A ver o que pensades vós!!!!!!
Laura García García, Isabel Recarey e Uxía Villanueva Bermúdez 5º B