Na mañá do xoves 6 de xuño chegamos á escola moi nerviosos!!! E sabedes por que??? Porque íamos ir de visita ao IES Frai Martín Sarmiento.
Marchamos cara ao instituto sobre as 9:40 e todos nós iamos impacientes por saber que nos atoparíamos.
Ao chegar alí estabamos nós, e, unha sorpresa, o alumnado do CEIP de Marcón.
Como algúns xa nos coñeciamos levámonos ben. Despois dunhas palabras no salón de actos, fomos percorrendo as aulas por grupos. Como moitos aínda non o coñeciamos, ao chegar alí, e ser tan grande, fixémonos un lío... ¡Aquilo parecía un laberinto!
Tamén nos encontramos com compañeiros doutros anos, que agora xa están na ESO e atopámolos moi cambiados. Algúns de nós tiñan un pouco de medo con tantos adolescentes maiores.
No recreo estivemos no pabellón xogando ao fútbol cos maiores. ¡¡¡Iso foi o mellor!!!
Rematou a visita e algúns xa estabamos desexando volver á escola porque estaban mortos de fame. E esta foi a nosa última excursión na escola.!!!!! ¡¡¡Ata pronto!!!
Laura García García, Nicolás Regueira Piquenque e Isabel Recarey Benito 6º BCLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DA VISITA
Yo me perdí era un laberinto dios mio!!!
ResponderEliminarEu non quero ir o instituto, quero repetir!!! Pero non só eu, senon que repitamos toda a clase e ata a profe Mary xa que se vaia a outro cole. Eu despois de que nos ensinaran todo ó instituto, non sabía nin por onde se entraba!!!
ResponderEliminarMe encanto el instituto es grandisimo yo me perdia.
ResponderEliminarFue muy divertida la visita al instituto!! La pena es que yo no voy a ir a ese instituto. :(
ResponderEliminar