jueves, 13 de junio de 2013

Visita De Mariné Lorenzo Corcoba

O 23 de maio, na clase de Relixión, recibimos a visita dunha autora moi simpática e cun gran corazón chamada Mariné Lorenzo Corcoba.
Ela escribiu un gran libro de poesía chado "Un soño na bandexa" que está ilustrado cuns debuxos e unha letra fantástica. Nós, cando nos falaron da autora, e da súa vida, emocionámonos tanto, que demos todos os días o mellor de nós para este proxecto, facendo un libro cos nosos mellores soños, como agasallo para Mariné.
O día da súa visita á nosa escola, nós estabamos moi ansiosos.
Mariné falounos da súa vida, e emocionouse tanto ao falar da súa filla Andrea... E é que Andrea morreu de cancro, e todo o que Mariné gaña vendendo o seu libro, vai para a asoción de loita contra o cancro.
Xa no final, Mariné firmounos e dedicounos os libros.
Por certo, a biblioteca, que foi o lugar onde estivemos con ela, estaba toda decorada cuns carteis con debuxos nosos.
 Foi unha visita moi agradable e ata algo triste tamén.
Isabel Recarey Benito e Laura García García 6º B
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DA VISITA 

3 comentarios:

  1. Los trabajos son muy originales.SIENTO NO PODER PUBLICAR ANTES.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito poder coñecer a autora e a ilustradora, e tamen facer este "libro", con estes bonitos debuxos.

    ResponderEliminar
  3. Me gustó mucho trabajar con plastilina en mi sueño!!

    ResponderEliminar