O venres 24 de maio as dúas clases de 6º fomos de camiñada.
Despois desplazámonos ata o Mosteiro de Carboeiro, en Silleda, e depois de informarnos sobre el e de coñecer os seus arredores, comezamos a camiñar cara á Fervenza do río Toxa.
Mentres facíamos a ruta, os guías, Manolo e María, fóronnos explicando os nomes de árbores e plantas, os olores, e que producía cada cousa. Falamos da sobreira, do tomillo, o ourego, o tromentelo...
A paisaxe é preciosa, e, aínda que algúns xa foran visitar este entorno, todos o pasamos xenial. Estivemos cantando e xogando durante todo o camiño.
Ao chegar a hora de comer, paramos nun parque ao lado do río: A área recreativa da Carixa. Alí xogamos ao brilé sobre unha herba lisiña, trouleamos moito, subimos ás árbores, e houbo quen estivo a pique se caír ao río Deza.
Despois continuamos a nosa andaina e alá fomos camiño das Fervenzas do río Toxa. No camiño atopamos dificultades para andar. Con tanta vexetación arredor de nós.¡¡¡ Aquilo semellaba unha xungla!!!
Parecía unha paisaxe encantada: Árbores tirados no medio do camiño, chan esvaradizo, rochoso e húmido, Subidas e baixadas, desniveis que había que sortear, pontes estreitos sobre o río para atravesar...
Mas cando chegamos ao noso obxetivo todos estábamos moi contentos por ver a descomunal fervenza que tiña case 60 metros, e aproveitando a súa beleza, comezamos a merendar alí, nunhas mesas de pedra.

Algúns achegáronse moi preto da fervenza e molláronse coas gotas que saían despedidas da fervenza e tamén nas aguas de debaixo mesmo da fervenza.
Despois subimos a un miradoiro sobre a fervenza onde recollemos forzas, vimos as vistas, e volvemos cara ao autobús.
Así, despois de camiñar algo máis de 8 km, terminou a nosa aventura, librándonos dun día de clase, e pasándoo xenial cos nosos compañeiros na nosa penúltima excursión, unha excursión espectacular!!!
Aldara Fernández Férnandez, Joel Moreira Fernández e Nicolás Regueira Piquenque 6º B
CLICAR AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS DA CAMIÑADA
CLICAR E VER A RUTA EN WIKILOC
CLICAR AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS DA CAMIÑADA
CLICAR E VER A RUTA EN WIKILOC
Me encantou esta ruta, sobretodo a fervenza e o mirador, pero a miña lembranza será haber compartido este día cos meus compañeiros e a profe Mary.
ResponderEliminarA mi, me gusto mucho pasar por el puente y merendar en el mirador, tambien tocar el agua de la cascada
ResponderEliminarwaposssss
ResponderEliminar