Un día estabamos a loitar coas Matemáticas cando a nosa profe Mary Carmen falounos da idea de poder representar unha obra teatral. A nós pareceunos fantástica e todos nos puxemos mans á obra.
Primeiro tivemos que inventar os guións porque queriamos algo diferente e ocorréusenos que podiamos coller como referencia "A Carapuchiña Vermella" e traballar diferentes obras cos personaxes dese conto tradicional.
E depois de ter os guións inventados comezamos a ensaiar para poder actuar diante do resto do alumnado da escola. Ao comezo non o faciamos alá moi ben, e a profe Mary ás veces poñíase histérica porque non faciamos o que ela quería...
E chegou o día da representación... A primeira obra en ser estreada titulábase: "O Rapaz Perdido No Bosque".
Estabamos con bastantes nervos e pensamos en todo o que levabamos traballado, pois tamén construímos o decorado...Con cartón deseñamos a paisaxe do bosque con árbores, nubes, o sol e unha borboleta, tamén a casa dun dos protagonistas e o coche en que se movían os personaxes...
E, claro, non queriamos facelo mal...
E, menos mal que a actuación quedou fantástica.
Cando representamos a segunda obra, "Ana E A Loba", aínda que eramos distintos actores e actrices, xa tiñamos máis experiencia e pasámolo moi ben.
Tivemos momentos con escenas moi estrañas e graciosas, propias de un debut ante o público. Fomos moi aplaudidos. A obra gustoulle moito ao público, que ao rematarmos, comezou a aplaudir e a dicir: "Outra vez", "Outra vez"...
E, claro, nós, encantados, repetimos a obra para eles outra vez.
E queremos facer unha mención especial a Aarón, unha das Aguias de Lume, que participou colaborando con parte do vestiario para o elenco de actores e actrices.
Uxía Villanueva Bermúdez, Sara Mirón Caldas, Eduardo Lores Baamonde Nicolás Regueira Piquenque, 6º B