miércoles, 25 de enero de 2012

Coñecer Supersticións

Este ano o tema elixido para O Salón Do Libro son as supersticións. Entón na escola puxémonos mans á obra : todo o colexio estaba moi alterado, cada clase tiña que traballar sobre unhas poucas. O traballo consistía en buscar información, escribir e debuxar nun trebo de cores a superstición elexida.
 Ó final no bonito mural colectivo que fixemos resultou que puxeron máis de mala sorte que de boa sorte. Foi unha actividade moi divertida.
Laura García García e Eduardo Lores Baamonde 5 º B

Estas son algunhas das que nós traballamos:
SUPERSTICIÓNS DE BOA SORTE:
- Se caen un garfo e un coitelo ao mesmo tempo é boa sorte porque haberá unha boda na casa.  
- Soprar  unha  pestana: Se  che  cae  unha  pestana  colócala  na  man,  pides  un  dexeso, sopras e o  dexeso  será cumprido.
- Cruzar  os  dedos: Se cruzas os dedos terás boa sorte. 
- Moita merda!!!: Os actores para desexarse boa sorte antes dunha función din: Moita merda!!!
- Ritual dos desexos: No 23 de xuño, ás 12 da noite, colocas debaixo da túa almofada unha poliña de hedra e un papel no que escribes un desexo, encendes unha vela amarela se o desexo é de diñeiro ou traballo, azul se o teu desexo é para a saúde e o benestar, e unha vela vermella se o desexo é de amor. O día seguinte queimas o papel coa póla, e enterras as cinzas nun xardín, nun testo, ou bótaas á auga que corra, para que se cumpra o desexo.
- Nos biscoitos de noiva escondian un dedal de ouro. A quen lle tocaba, tiña boa sorte porque quería dicir que casaría seguro.
- Pedra Dos Cadrís: Se pasas pola oquedade da Pedra dos Cadrís nove veces, curarás as doenzas da espalda, dos riles e o reuma.
- Poñer a man diante da boca ao boquexar: Dá boa sorte porque impide que o demo se meta no corpo das persoas e se quede a vivir nel.
 - Pousarse uhna bolboreta: Se se che pousa unha bolboreta dá boa sorte se é de cores claros é se se che pousa unha bolboreta de cores escuras dá mala sorte.
- Botadura dun barco: Lánzase a botella de champán contra os barcos na súa botadura para desexarlles boa sorte na súa travesía.
 - Se botas ao lume pólas de loureiro bendecido o Domingo de Ramos borras o lume e cálmanse as tormentas e os tronos .
- Tirar  arroz: Dá  boa  sorte tirar arroz ós noivos nunha boda como símbolo de felicidade.
- Pinchar cun alfiler ou unha agulla: Cando lle dás un alfiler ou unha agulla
a unha persoa primeiro tés que pinchar a esa persoa co alfiler ou a agulla. Así daslle boa sorte...
- Poñer unha figa: Se lle pos unha figa de azabache na manciña do bebé libéralo do mal de ollo.
- Dicir Xesús ao esbirrar trae boa sorte porque aparta o perigo de calquera infección.
- Os amuletos: Se levas enriba un talismán dá boa sorte: unha medalla, un pau de madeira, unha pata de coello, estampas de santos, un par de dados, ou mesmo unha folla de loureiro.

SUPERSTICIÓNS DE MALA SORTE :
- Se te cruzas cunha persoa que ten o pelo vermello terás tantos anos de mala sorte coma botóns teña a túa camisa.
 - Tatuaxe prenatal: Se unha muller preñada ule unha flor, o seu fillo pode nacer cunha marca en forma da flor ulida.
- Tres  pitillos: Encender tres pitillos co mesmo misto dá mala sorte.
Regalar tesoiras ou coitelos: A creenza popular di que se rompe a relación coa persoa á que lle regalas obxectos cortantes.
- Tomar pastillas de color negra dá mala sorte e o enfermo tardaría en curar ou morrería.
 - Se te arrimas á sombra dun castiñeiro ou dunha nogueira terás mala sorte.
- Asubiar pola noite: O que de noite asubía polo demo pía. Entón dá mala sorte porque fai anos a xente que ía polos camiños, sen luz e facía ruido, parecía que estaba chamando ó demo.
- Se soñas con dentes dá mala sorte porque significa a morte dun coñecido.
- Dicir ¡Por Deus! dá mala sorte por tomar a Deus en van.
- Cando os corvos revolotean arredor dunha casa na que vive un enfermo significa que a morte ándalle perto. - Se un mozo lle regala a unha moza unha rosa amarela deséxalle a tristeza para toda a vida.
- Cravar algo no día de Venres Santo dá mala sorte.
- Se unha muller preñada salta á corda, o neno nace co cordón umbilical enredado ó pescozo tantas voltas como a nai saltou.
- Se deixas o bolso no chan dá mala sorte porque che escapa o diñeiro. 
- Se excavas un burato no día de Venres Santo dache mala sorte.
- Se metes unha fotografia ou unha nota coa túa letra na caixa dun cadavre podes morrer despois del.
- Matar andoriñas dá mala sorte porque foron elas as que lle quitaron as espiñas a Xesús cando estaba na cruz.
- Carteira sen moedas: Dise que se se deixa unha carteira vella nun caixón sen moedas dá mala sorte.

E TAMÉN PESCUDAMOS SUPERSTICIÓNS EN INGLÉS:
GOOD LUCK!:
- Catch falling leaves in autumm and you will have good luck...
- After finding an eyelash you blow it and make a wish.Good luck.
- If you catch a falling leaf on the first day of autumn you will not catch a cold all winter. 
- On the first day of the month it is lucky to say " white rabbits, white rabbits, white rabbits", before uttering your first word of the day. A common lucky charm is a Rabbit´s foot, but not for the Rabbit.
- Pick a dandelion flower that has gone to seed. Take a deep breath and blow the seeds into the wind. Count the seeds that remain on the stem. That´s the number of children you will have.
- A frog: a frog brins good luck to the house it enters. The dried body of a frog worn in a silk bag around the neck overts epilepsy and others fits.

BAD LUCK!:
- In some parts of the UK meeting two or three Ravens together is considered really bad. One very English supertitions concerns the tame Ravens at the Tower of London. It is believed if they leave then the crown of England will be lost...
- Evil-Eye: It is thought very  unlucky to have the feathers of a peacock within the home or handle anything made with them. This is possibly because of the eye shape presents upon these feathers: The evil-eye is associated with widkedness.
- Rain and Sun at the same time: a witch was getting married.
- If a Sparrow enters a house it is an omen of death to one of the people who live there. In some areas it is believed that to avoid bad luck any Sparrow caught must be immediately killed otherwise the person who caught it will die.
- If you cut an apple in half and count how many seeds are inside, you will also know how many children you will have.
- It is said to be bad luck if you see bats flying and hear their cries.
- If a bee enters your home, it´s a sign that you will soon have a visitor. If you kill the bee you will have bad luck, or de visitor will be umpleasant.
5º B
VER AQUÍ TODAS AS NOSAS SUPERSTICIÓNS
ESCOITAR "LIFE" CANCIÓN SOBRE SUPERSTICIÓNS

6 comentarios:

  1. ¡¡¡Que chulas están as supersticions!!!:)

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡Qué bonito nos quedó somos unos artistas, en legua gallega, en lengua castellana y en inglés!!!

    ResponderEliminar
  3. Algunhas supersticións son moi raras e non dá vergonza decila... como a miña que se titula Moita Merda!

    ResponderEliminar
  4. que bonitas as supersticions espero que sean igual que otros trabajos de clase.

    ResponderEliminar
  5. A paz, isto o deberian desear todo omundo.

    ResponderEliminar
  6. uxiooooooooooooooooooooo1 de febrero de 2012, 16:04

    As superesticions estan bonitas

    ResponderEliminar