Hoxe 30 de xaneiro, celébrase en todo o mundo o día internacional da paz. Foi elexida esta data porque tal día coma hoxe morría o líder pacifista Mohandas Gandhi.
E na escola, claro, tamén o celebramos... E hoxe foi o día grande... Fixemos moitas actividades, unha delas era descifrar, por equipos, un pictograma. Cada equipo tiña unha palabra distinta para o mural que acabou tendo esta frase:
O DESEXO MÁIS GRANDE DO MUNDO CABE NA MÁIS PEQUENA DAS PALABRAS: PAZ
E PAZ É IGUAL A : ESCOITAR, RESPECTAR A QUENDA DE PALABRA, COLABORAR, SAUDAR, DESPEDIRSE, CONVERSAR, AGRADECER, COMPARTIR, PERDOAR, GOZAR, RESPECTAR, CONVIVIR, VALORAR, SORRIR...
Despois bailamos unha danza que xa levabamos un tempiño ensaiando...
E xa na clase a profe leunos unhas palabras de Gandhi que nos gustaron moito. Son estas, a ver se a vós tamén vos gustan tanto como a nós:
" A vida ensinoume que a xente é amable se eu son amable... Que as persoas están tristes se eu estou triste... Que todos me queren se eu os quero... Que hai caras sorrintes se eu sorrío...Que o mundo é feliz se eu son feliz... Que as persoas son agradecidas se eu son agradecido... A vida é como un espello: Se eu sorrío, o espello devólveme o sorriso... A actitude que eu tome frente a vida é a mesma que a vida tomará ante min... O que queira ser amado... QUE AME!!!"
Aldara Fernández Fernández, Uxía Villanueva Bermúdez, Laura García García, Antón Freire Barcia 5º BAQUÍ TENDES A MÚSICA QUE BAILAMOS
VER AQUÍ TODAS AS FOTOS DA PAZ
Este ano no colexio fixemos un baile moi divertido, pero o malo deste ano foi que non soltaron as pombas.
ResponderEliminarUn día pacífico, cheo de paz e de amor, para disfrutar cos amigos, e bailar un montón.
ResponderEliminarA pomba do día da paz é moi orixinal .
ResponderEliminarGustoume moito o día da paz, os xogos, o baile.;)
ResponderEliminarA min encántame a espiral da pomba que hai no blog.
ResponderEliminarEncántanme as palabra de Gandhi, representan moi ben como debería ser a realidade.
ResponderEliminarO día da Paz foi un día moi especial para min pero tamén para os demais porque se divertiron moito...
ResponderEliminarOnte foi moi divertido porque o baile tivo partes
ResponderEliminardifíciles e partes divertidas...
A algúns saiulles moi ben o baile ...E a outros un pouco mal...
ResponderEliminarAlgunhas fotos de cando estabamos ensaiando saíron moi graciosas.
ResponderEliminarO blog está quedando fenomenal!!! Que sorte tivemos de ter unha profesora que nos axuda.
ResponderEliminarTEño que disculparme por non poder asistir ós acontecimentos do noso blog, e como onte foi o día da paz espero que me perdoedes
Costounos moito aprendernos a coreografia de memoria.
ResponderEliminarGustáronme moito as palabras de Gandhi porque na vida para que te queiran moito ti tamén tés que querer moito!!
ResponderEliminarAlgúns nenos divertímonos moito. En cambio outros aburríronse un pouco. Pero Ao final pasámolo todos bastante ben no día da paz. Os xogos eran todos moi divertidos.
ResponderEliminarA paz e moi bonita para min porque podes facer xogos moi divertidos e tamen o baile
ResponderEliminarMe encanta o día da paz porque representa que as persoas teñen que respetarse e que non importen as suas difenzas
ResponderEliminarHoy en religion la profe nos conto un cuento de un paloma muy bonita
ResponderEliminarA min semppre me queda ven os traballos
ResponderEliminar